ematamos a costa do mes de xaneiro. Quedan máis costas que subir ao longo deste ano. Os medios de comunicación veñen falando e escribindo dos casos de necesidade que aparecen entre nós. Quendas de xente no paro, inmigrantes decepcionados pola ilusión que puxeron no seu momento chegando a España.
As Cáritas parroquiais, as cociñas económicas, moitos centros da Cruz Vermella e de asociacións relixiosas e outras sen ánimo de lucro desvélanse por acoller, atender, pero non dan feito. Os sinais son que isto vai en aumento. Rexistremos o feito de que tamén se nota maior caridade, solidariedade na xente.
Escándalos coñecidos
Temos os escándalos coñecidos de persoeiros políticos que desbaldan, ou que se aproveitan dos bens que son para favorecer á sociedade, e que da mesma sociedade procede. Seica entre nós, é maior cada vez a distancia entre ricos e pobres.
Temos a inxustiza instalada na sociedade, o pecado social. Cómpre denuncialo.
Como crentes, sentímonos máis obrigados ca ninguén a colaborar coas nosas axudas. Porque o amor a Deus maniféstase no amor ao próximo, e canto máis necesitado, máis urxente é a nosa obriga de socorrer e axudar. Faremos máis levadeiras as costas de cada mes que irán aparecendo nos vindeiros tempos.