Loita de barro no Monte Xalo para unha velada diferente

La Voz

CARBALLO

11 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

No Monte Xalo, en Cerceda, as festas comezaron onte cunha churrascada e unha verbena. Pero o programa intensifícase durante a fin de semana con propostas que van dende o rodeo americano previsto para mañá ata o concurso de loita de barro, que será o principal atractivo da velada de hoxe.

As actividades empezarán xa ao mediodía coa sesión vermú a cargo da orquestra Fania. Para as seis da tarde está previsto un cuadrangular de fútbol, e ás oito haberá unha sardiñada con viño e pan de broa gratuíta para todos os asistentes. A verbena, de novo con Fania, empezará ás once da noite, e no descanso celebrarase o concurso de loita de barro, con premios para os participantes, e unha sesión pirotécnica.

Mañana será o día dos cabalos, xa que se celebrará unha romería ecuestre dende primeiras horas da mañá. Todos os xinetes que acudan á convocatoria serán convidados a xantar. Á unha e media oficiarase unha misa de campaña, e despois comezará a sesión vermú. Pola tarde, ás seis e media, haberá un rodeo americano, e a partir das dez da noite volverá a soar a música na última verbena das festas.