As plantas de Santa Comba, Boiro e Narón confirmaron a empresa xestora

La Voz

CARBALLO

10 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Sogama adxudicou a xestión integral das plantas de transferencia de Boiro, Narón e Santa Comba, todas elas na provincia de A Coruña, incluindo no servizo a operación, mantemento e limpeza das mesmas. No caso da de Boiro e Santa Comba, a empresa adxudicataria é Masa Galicia, S.A, cun importe económico estimado de 88.150 e 39.650 euros respectivamente. Narón, pola súa parte, recaeu en Perfis 2000 Servicios, S.L, cun orzamento aproximado de 193.550 euros Sogama dispón dunha rede de 20 plantas de transferencia distribuidas por toda Galicia, que buscan solventar a dificultade loxística que supón o transporte de residuos nunha comunidade cunha elevada dispersión da poboación. A función destas instalacións é, sobre todo, actuar como nódulo de transvase dos RU desde os camións de recollida domiciliaria a contedores pechados de maior capacidade (40-43 metros cúbicos) aptos para ser transportados, nas mellores condicións hixiénicas e con todas as garantías precisas de seguridade, ao Complexo Medioambiental de Cerceda, onde reciben unha xestión e tratamento conforme as súas características.