FARAGULLAS

Homenaxe ao párroco de Ortigueira

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

O rueiro de Ortigueira conta, desde o pasado día vinte e catro de decembro, cunha rúa que leva o nome de «Reverendo don José Buide Rodríguez», párroco de Santa Marta de Ortigueira desde fai corenta anos «en agradecemento ?como dixo o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón- á traxectoria profesional e espiritual» do sacerdote homenaxeado. O Alcalde lembrou na súa intervención que, coa dedicación deste vial, complétase a homenaxe institucional de Ortigueira a quen ostenta desde fai algo máis dun ano o título de ?Membro honorario do Concello de Ortigueira?. José Buide, o homenaxeado, recoñeceu, despois de retirar a bandeira que cubría a placa co seu nome, o seu orgullo e a súa satisfacción por sentirse tan querido polos veciños e veciñas de Ortigueira. Asistiron ó acto, ademais do alcalde de Ortigueira, o rexedor das Pontes e todos os membros da Corporación local e moitos veciños e veciñas da vila.

CURSO DE FORMACIÓN PARA OS PROFESORES DE RELIXIÓN

O Instituto Teolóxico Compostelán, a través da Sección de Formación do Profesorado de Relixión Católica en Galicia organiza un curso de formación que vai ter lugar na Domus Ecclesiae de Ferrol os días vinte e sete e vinte oito deste mes de xaneiro. O título do curso, destinado ós profesores e profesoras de Relixión Católica, é Novas dinámicas e actividades para a clase de Relixión. Este curso dará comezo ás cinco da tarde coa acollida e presentación. Ás cinco e cuarto terá lugar a conferencia sobre Novas dinámicas e actividades para a clase de Relixión (I). Despois dun tempo de descanso, ás sete e media da tarde vai celebrarse a segunda conferencia sobre Novas dinámicas e actividades para a clase de Relixión (II). O sábado vinte e oito, as nove da mañá terá lugar a acollida e presentación. Ás once e media haberá un relatorio sobre As posibilidades das didácticas en TIC. A unha e media terá lugar un novo relatorio sobre As posibilidades multimedia para a aula de Relixión. Ás catorce trinta horas será a avaliación, rematando o curso ás quince trinta. Van coordinar o curso Juan José Capeáns Pazos e Juan Antonio Santamaría González.

ASEMBLEA XERAL DA HOSPITALIDADE DIOCESANA NOSA SEÑORA DE LOURDES.

O vindeiro día once de febreiro, festa de Nosa Señora de Lourdes, a igrexa parroquial de Santa Icía de Trasancos vai acoller a Asemblea xeral anual da Hospitalidade de Nosa Señora de Lourdes. Ás cinco da tarde haberá un acto mariano e a continuación celebrarase a Asemblea coa seguinte orde do día: Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior; informe detallado das peregrinacións do ano 2012 a Fátima (os días vinte e seis, vinte e sete e vinte oito de maio) e a Lourdes (a semana do vinte e cinco ó vinte e nove de xuño); rogos e preguntas. O final da Asemblea xa se procederá a facer a inscrición para ámbalas dúas peregrinacións.

TRINTA ANOS DE «AMENCER»

O Seminario Santa Catarina de Mondoñedo vén publicando, desde abril de 1982 en que saíu o número cero, a revista escolar ?Amencer?. Así que neste ano 2012 cúmprense o trinta anos do nacemento da revista que vai polo número 215. Co gallo dos trinta anos, o Consello de Redacción está a artellar un monográfico que verá a luz a finais do mes de abril no que van colaborar diversos intelectuais galegos. Antes, a finais de febreiro, sairá o número 216. Ó longo do ano está previsto que saian do prelo os números 218 (en xuño), o 219 (en outubro), e o 220 (en decembro).