GALICIA

Dioceses

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

XORNADA DE FORMACIÓN PARA OS SERVIZOS RELIXIOSOS HOSPITALARIOS E DE RESIDENCIAS

O próximo luns, día 30, terá lugar en Santiago de Compostela, na Casa de Exercicios, de 10 a 14 horas, a Xornada de Formación dos Axentes dos Servizos relixiosos Hospitalarios e Residencias, que estará a cargo de Rudesindo Delgado, sacerdote, Delegado de Pastoral da Saúde, e Consiliario de PROSAC, que falará da ?Dimensión sanante dos Sacramentos?, especialmente da ?Unción de Enfermos?. Esta Xornada estará presidida polo bispo responsable deste sector na provincia eclesiástica, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.

XVI CURSIÑO DE PASTORAL VOCACIONAL

Como ven sendo habitual, as Delegacións de Pastoral Vocacional de Galicia, convocan para os vindeiros días 3 e 4 de febreiro, XVI Cursiño de Pastoral Vocacional, que terá lugar no Seminario Maior de Santiago de Compostela. O ponente será Ángel Moreno Sancho, sacerdote diocesano de Sigüenza-Guadalajara, Vicario episcopal de Vida Consagrada e Capelán do Mosteiro cisterciense da ?Madre de Dios? en Buenafuente de Sistal. Os títulos das reflexións son ?Reconciliados?, ?Crentes na Palabra?, ?Testemuñas de Xesús? e ?Enamorados da Eucaristía?. O día 3, venres, será dedicado aos sacerdotes e seminaristas, e día 4, sábado, aos consagrados e Axentes de Pastoral. As reflexión comezarán ás 10 da mañá coa acollida.

TUI-VIGO

INAUGURACIÓN DO ANO XUBILAR DE S.PELAIO

O pasado sábado 14 de xaneiro, ás 17:30 o Sr. Bispo inaugurou cunha solemne Eucaristía o Ano Xubilar de San Pelaio. A celebración tivo lugar na igrexa parroquial de San Xoán Bautista de Albeos, lugar natal do Neno, no arciprestado de San Martiño e nela participaron gran número de fieis entre eles moitos nenos e xóvenes.

O Sr. Bispo fixo unha chamada a participar con interese en todas as celebracións desta efemérides e a difundir entre todos os homes e mulleres, especialmente entre os máis novos, a devoción a este Santo Neno veciño noso. Don Luís insistiu en que durante este ano Albeos debería converterse en lugar de peregrinación para todas as parroquias da Diocese e rogou a San Pelaio que nos achegase co exemplo da súa vida á contemplación do rostro amoroso e compasivo do Señor.

OURENSE

IV ª SEMANA DE TEOLOXÍA

Baixo o título de a Palabra de Deus «Luz para as nosas vidas e alma da nova evanxelización», iniciouse unha vez máis en Ourense a Semana de Teoloxía, do 18 ao 20 deste mes, na súa IV edición. Comezou cunha Exposición co tema «Beleza e Palabra. Biblia e Arte» no Liceo de Ourense, baixo a dirección de Miguel Anxo González García.

Houbo asemade conferencias a cargo de Carlos Osoro Sierra, Arcebispo Metropolitano de Valencia, co tema «Historia dun aniversario: grupos bíblicos en Ourense», de José Antonio González García, Profesor de Sagrada Escritura no ITC de Santiago, sobre «A situación dá muller non contorna de Xesús», e finalmente, Santiago Guijarro Oporto, Decano e Profesor de Sagrada Escritura da UPSA, Salamanca, co tema «Os evanxeos, memoria viva de Xesús».

ORDENACIÓN EPISCOPAL E TOMA DE POSESIÓN DO NOVO BISPO

O sábado 11 de febreiro ás 16:00 horas celebrarase na S.I. Catedral de Ourense a Ordenación Episcopal de D. Leonardo Lemos Montanet e a súa toma de posesión da sede auriense, tal e como se determinou tras a reunión mantida entre o Bispo electo de Ourense e o consello episcopal da Diocese. Das súas primeiras palabras de saúdo aos fieis, cabe salientar as seguintes: ?Desexo que as miñas primeiras palabras, que xermolan espontáneas do meu corazón, cheguen a todos e a cada un dos irmáns e irmás que ao longo deste tempo -camiñando en serena espera - rezastes por un bispo que hoxe se fai presente na miña persoa. Pido a Deus, Noso Señor, que me axude a ser un Bo Pastor para poder servirvos como a Igrexa quere e espera que o faga?.