AXENDA

Clausura do Belén de Begonte

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Pasado mañá, día vinte e oito, vai ter lugar o acto de clausura da XL edición do Belén Eléctrónico de Begonte cun acto que comezará ás cinco da tarde no salón de actos do Centro Cultural ?José Domínguez Guizán?. Procederase á entrega de premios dos concursos convocados nesta edición: o Certame de Arte, o de debuxo infantil, o de poesía e o de xornalismo. O remate actuará a Coral Polifónica Vilalbesa, baixo a dirección de Uxío García Amor.

VISITA PASTORAL

O Bispo da Diocese, monseñor Sánchez Monge, está a levar adiante a Visita Pastoral ó Arciprestado de Xuvia. Así o vindeiro domingo visitará as parroquias de San María de Castro, Santa María de Sequeiro e Santa María a Maior do Val.

CONFERENCIAS DE «AULA ABERTA» EN FERROL

O un de febreiro, o bispo da Diocese, Monseñor Sánchez Monge, terá un relatorio sobre «O Concilio Vaticano II: cincuenta anos despois». O oito de febreiro haberá unha nova conferencia: Jesús Andrés López Calvo falara sobre «A transmisión da fe nos últimos cincuenta anos». O día quince, pechará o ciclo María José Fernández Carrera quen falará sobre «Unha laica comprometida na Igrexa». Estas conferencias están organizadas polo Arciprestado de Ferrol no Salón de actos da Fundación Novacaixagalicia de Ferrol. Todas as conferencias comezan ás oito da tarde e a entrada é libre.

XORNADA MUNDIAL DA VIDA CONSAGRADA

O vindeiro día dous de febreiro, xoves, festa da presentación de Xesús no templo, coñecido popularmente como o Día da Candelaria, vai celebrarse a Xornada Mundial da Vida Consagrada, co lema «Ven e sígueme. Vida consagrda e nova Evanxelización».

CAMPAÑA DE MANS UNIDAS CONTRA A FAME

O domingo, día doce de febreiro, vai ter lugar a Campaña de Mans Unidas contra a fame no mundo co lema «A saúde, dereito de todos: ¡Actúa!». Neste número de Dumio, nas páxinas centrais, preséntase a esta Campaña.

XORNADA MUNDIAL DO ENFERMO

O sábado once de febreiro, festa de Nosa Señora de Lourdes, celébrase a Xornada Mundial do Enfermo. O lema da Xornada deste ano é «Érguete e vaite, a túa fe salvoute».