4.5. O Patrimonio arqueolóxico
O patrimonio arqueolóxico fórmano aqueles sitios que conteñen restos da actividade humana no pasado. Tamén forman parte deste patrimonio os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana, as súas orixes, os seus antecedentes e o desenvolvemento sobre o medio.
Así, forman parte deste patrimonio arqueolóxico as mámoas, os dolmens os castros, os petroglifos, as pontes e vías romanas, as murallas... Tamén entran no patrimonio arqueolóxico aqueles lugares que só se detectan con excavacións como poden ser o poboados e campamentos prehistóricos, certos tipos de enterramento e xacementos da época romana ou medieval.
4.6. O Patrimonio industrial
O Patrimonio industrial está formado polos restos físicos do pasado tecnolóxico, produtivo e industrial. Forman parte do patrimonio industrial as pontes históricas ?metálicas ou de pedra-, os peiraos antigos, as vellas fábricas de salgado e de conservas de peixe, as de curtido de peles, as fábricas de cerámica, as vellas centrais eléctricas...
4.7. O Patrimonio documental
O patromonio documental está constituído por todos os documentos producidos ou acumulados polas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, no exercicio das súas funcións e das súas actividades; os documentos cunha antigüidade superior ós corenta anos xerados polas entidades e institucións de carácter público, sindical, relixioso, cultural e os documentos de máis de cen anos. Os arquivos son os lugares onde se reúnen, conservan, ordenan e difunden todos eses documentos ó servizo da súa utilización e consulta.
4.8. Os museos
Os museos, segundo di a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia no artigo 67, 1, son:
?institucións de carácter permanente, abertas ó público e sen finalidade de lucro, orientadas á promoción e ó desenvolvemento cultural da comunidade en xeral, por medio da recollida, adquisición, inventario, catalogación, conservación, investigación, difusión e exhibición, de xeito científico, estético e didáctico, de conxuntos e coleccións de bens patrimoniais de carácter cultural que constitúen testemuños das actividades do ser humano ou do seu contorno natural, con fins de estudio, educación, gozo e promoción científica e cultural?.
Son, pois, funcións dos museos:
A conservación, a catalogación, a restauración e exhibición das coleccións.
A organización de exposicións científicas e divulgativas de carácter temporal.
A investigación no ámbito das súas coleccións
O desenvolvemento de actividades didácticas respecto dos seus contidos.
Aquelas coleccións, que non reúnen todas as condicións e requisitos dos museos, chámanse coleccións visitables. A Lei tamén fixa unhas condicións para estas coleccións visitables.
4.9. O Patrimonio bibliográfico
O patrimonio bibliográfico está constituído polos fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas, polas obras literarias, históricas e científicas ou artísticas, en calquera tipo de soporte, das que non conste a existencia de polo menos tres exemplares en bibliotecas ou servizos públicos. Tamén forman parte do patrimonio bibliográfico as obras con máis de cen anos de antigüidade.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios