Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

FARAGULLAS Exposición en San Sadurniño

Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:19 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

A Casa da Cultura de San Sadurniño está a acoller, desde o día un ata o día treinta de decembro, unha Exposición sobre a Historia do Convento do Rosario. Pode visitarse de luns a venres co seguinte horario: de dez a catorce horas e de quince trinta a vinte trinta. Está organizada pola parroquia de Santa María a Maior e o Concello de San Sadurniño. O autor desta exposición é o párroco Xavier Martínez Prieto. A entrada é gratuíta. Con esta Exposición preténdese un achegamento á historia e ó patrimonio local: as orixes, a época templaria, o Convento do Rosario, a Duquesa da Conquista, o nacemento das escolas...

MONTESINOS: 500 ANOS

O pasado domingo, IV de Advento, celebrouse no Mosteiro de Valdeflores unha efemérides que pasou case desapercibida. Concretamente o 21 deste mes de decembro fixo 500 anos do famoso sermón do frade dominico Antón de Montesinos, que denunciaba os abusos cometidos por parte dos colonizadores españois coa poboación indíxena da Illa La Española, hoxe Haití e Santo Domingo. Aínda que foi pronunciado no século XVI - o 21 de decembro de 1511 -, valería perfectamente para este século XXI, cando se segue a masacrar tantos inocentes e indefensos nas distintas partes do mundo. O padre Montesinos, xunto con outros misioneiros dominicos, franciscanos e xesuítas, non só na illa Española, tamén noutras rexións daquel ?Nuevo Mundo?, colocáronse do lado das vítimas. Velaquí o seu testemuño. Velaquí o testemuño da súa prédica: ?¿Cómo los tenéis tan opresos y fatigados, sin dalles de comer ni curarlos en sus enfermedades [en] que, de los excesivos trabajos que les dais, incurren y se os mueren y, por mejor decir, los matáis por sacar y adquirir oro cada día? ¿Y qué cuidado tenéis de quien los doctrine y conozcan a su Dios y criador, sean bautizados, oigan misa, guarden las fiestas y domingos? Estos, ¿no son hombres? ¿No tienen ánimas racionales? ¿No sois obligados a amarlos como a vosotros mismos??.

AULA ABERTA

Como xa vén sendo tradicional o Arciprestado de Ferrol organiza un ciclo de conferencias que vai ter lugar no Salón de actos da Fundación Novacaixagalicia de Ferrol. Todas as conferencias comezarán ás oito da tarde e a entrada vai ser libre. O programa é o seguinte: o dezaito de xaneiro o profesor José Ramón Amor Pan falará sobre ?Lectura cristiá da crise? e o vinte e cinco disertará sobre o tema ?Neuroética?. O un de febreiro, o bispo da Diocese, Monseñor Sánchez Monge, terá un relatorio sobre ?Cincuenta anos de eclesioloxía do Concilio Vaticano II?. O oito de febreiro haberá unha nova conferencia sobre ?Cuestións teolóxicas abertas?. Pechará o ciclo María José Fernández Carrera quen falará sobe ?Unha laica comprometida na Igrexa?.

HOMENAXE A DOUS SACERDOTES

Dous sacerdotes da nosa Diocese veñen de recibir senllas homenaxes pola súa traxectoria. Así, Manuel Ladra López, párroco de Santa Icía de Trasancos, viu recoñecido o seu labor que prestou no CAMF de Ferrol (Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física) desde a súa apertura ata os nosos días. Despois dunha Eucaristía, foille entregada a Manuel Ladra López unha placa conmemorativa e leuse un recoñecemento ó seu labor. Tamén lle foron entregados por parte dos residentes no centro varios obsequios dos traballos que eles mesmos fan. Rematou o acto cunhas palabras de recoñecemento do director do CAMF.

Pola súa parte, Xosé Manuel Carballo, párroco de San Xoán de Castro de Rei e doutras parroquias da Chaira, recibiu unha homenaxe en Vilalba onde lle dedicaron un hectómetro no chamado Paseo dos soños, onde foi descuberto un monolito na súa honra, previamente houbo un acto no Muíño do Rañego onde se glosou a personalidade do escritor chairego.

RECOÑECEMENTO ÓS DELEGADOS DE ENSINO

O pasado día dezaseis, a Delegación Diocesana de Ensino tributou unha homenaxe ós ex-delegados de Ensino da Diocese, os que, a través de diferentes etapas, xogaron un papel fundamental na formación e orientación dos mestres e profesores de relixión na nosa Diocese. A homenaxe tivo lugar no Parador de Turismo de Ferrol e asisitiu o Bispo da Diocese, don Manuel Sánchez Monge. Foron homenaxeados: Marisa Castro que foi Delegada Episcopal de Ensino Primario durante dezanove anos; José Antonio Fernández Santos Delegado Episcopal de Ensino Secundario durante moitos anos, e José Manuel Quintana Amado, Delegado Episcopal de Ensino Secundario nos últimos seis anos. O final fóronlles entregados un agasallos.

NACEMENTOS

Chega o Nadal e co Nadal a tradición dos nacementos, unha tradición que arranca na Idade Media. Na Diocese de Mondoñedo son varios os nacementos que cómpre salientar, anque ?todo hai que dicilo- os máis modestos de moitas das nosas parroquia da zona rural tamén teñen o seu aquel. Entre os máis senlleiros é necesario sinalar: O Belén de Begonte, que este ano chega a súa XL edición e que, cada ano, recibe a visita de máis de corenta mil persoas; o da Orde Terceira de San Francisco de Ferrol, obra do escultor ferrolán Alfredo Martín,que leva preto de sesenta anos; o da parroquia de San Miguel da Rigueira de Xove, que cumpre corenta anos; o da parroquia de Santiago Seré das Somozas cuxas orixes datan de 1995; o da parroquia de Santo Estevo do Vicedo, que comezou a súa andaina en 2004; o das MM. Concepcionistas de Viveiro; o da parroquia de San Bartolomeu de Cariño; o da parroquia de Santiago Apóstolo da Gándara (Narón); o da parroquia de San Román de Doniños; o da parroquia de Santa Marta de Ortigueira no que hai que salientar os telóns que foron feitos en 1924 en Cima de Vila (Santiago) por Camilo Díaz Baliño quen, xunto coas pinturas, deixou uns planos e unhas notas orientativas para a súa montaxe. Entre os nacementos máis recentes é necesario salientar o misterio que este ano puxo a Asociación Veciños da parroquia vilalbesa de Santiago de Sancovade no adro da capela de Nosa Señora de Guadalupe.

NOVO NÚMERO DE ?AMENCER?

O Seminario Santa Catarina de Mondoñedo e a Asociación Cultural Amigos de ?Amencer? veñen de publicar o número 215 da revista escolar Amencer. Este número, que corresponde ós meses de novembro-decembro, é o derradeiro deste ano 2011. Está dedicado na súa maior parte, non podía ser doutro xeito, ó Nadal. Así, na sección ?A carón do lume?, aparecen un verso de Nadal, un romance e unha lenda, recollidos en Mondoñedo e Vilalba. Na sección ?Follas novas?, aparecen poemas e relatos dos alumnos sobre o Nadal. En ?O Nadal e os nosos escritores? aparecen diversos pormas inéditos de varios autores. A sección ?Chispa? tamén está dedicada ó Nadal. Pero, como o día vinte e tres de decembro se cumpren os cen anos do nacemento de Alvaro Cunqueiro, na sección ?Falamos con...? uns alumnos de segundo de ESO manteñen unha conversa con Remedios Ledo Vizoso, filla do Pallarego (Manuel Ledo Bermúdez, mecenas de Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Trapero Pardo...), que tratou e coñeceu ó escritor mindoniense, quen compuxo para ela, cando era nena, uns versos para recitar o Día de Reis. Algúns destes versos reprodúcense neste número de Amencer.

 

ENVIAR NOTICIA  

FARAGULLAS Exposición en San Sadurniño

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.