Nunha solemne cerimonia na Catedral da Almudena durante unha celebración eucarística que tivo lugar o17 de decembro presidida, en representación do Santo Padre Benedicto XVI, polo prefecto da Congregación para as Causas dos Santos, monseñor Angelo Amato SDB, foron beatificados 23 mártires da persecución relixiosa de 1936 en España.
A cerimonia de beatificación coincidiu co 150º aniversario da morte de San Eugenio de Mazenod, fundador da congregación de Misioneiros Oblatos de María Inmaculada (OMI) á que pertencen os novos beatos. Os relixiosos, que se estableceran no barrio da Estación de Pozuelo de Alarcón no 1929, exercían os eu ministerio como capeláns en tres comunidades de relixiosas, e colaboraban nas parroquias da contorna. A gran maioría deles foron asasinados moi novos.
CAMPAÑA DE TELEFÓNICA PARA CONTACTAR COS MISIONEIROS
Os familiares dos misioneiros poden poñerse en contacto con eles por teléfono de xeito gratuíto, chamando ao 900 123 500. Trátase da Campaña de Nadal que pon en marcha tódolos anos a Fundación Telefónica dende o 12 de decembro de 2011 ao 8 de xaneiro de 2012. Os cooperantes e misioneiros españois en misión humanitaria no estranxeiro, poderán falar gratis cos seus familiares grazas a esta Campaña.
Fundación Telefónica alenta esta iniciativa, por decimosexto ano consecutivo, en colaboración coa Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento, o Instituto Español de Misións Estranxeiras (IEME), Obras Misionais Pontificias e a Comisión Episcopal de Misións, coa colaboración de Atento e do Servicio 1408 de Comunicacións Internacionais de Movistar.
Os familiares que desexen beneficiarse desta campaña deberán chamar ao teléfono gratuito 900 123 500 polo menos 24 horas antes do día que elixan e facilitar os datos de cada misioneiro e a localidade da misión.
100 MIL NENOS REPARTIRÁN ESTRELAS POLO NADAL
Uns 100.000 nenos sairán ás rúas de moitas cidades españolas para se converter en "sementadores de estrelas" e repartir pegatinas coa forma do astro con motivo do Nadal e da celebración o próximo 22 de xaneiro do Día da Infancia Misioneira.
A xornada misioneira celébrase este ano baixo o lema "Cos nenos de América... falamos de Xesús" e céntrase no continente americano pola proximidade dos nenos deste continente aos do noso país como efecto da emigración. En España a Xornada da Infancia Misioneira celébrase o cuarto domingo de xaneiro pero a preparación comeza co Advento Misioneiro e a presenza dos nenos como sementadores de estrelas antes do Nadal e desenvólvese ao longo do curso.
O obxectivo é recordar a outros nenos que viven en territorios de misión e enviarlles os donativos das familias españolas. Obras Misionais Pontificias recorda que o 60 por cen dos nenos do mundo sofren algún tipo de miseria: son vítimas da fame, a violencia e a enfermidade; son explotados en traballos impropios ou no mundo da prostitución; e "moitos deles aínda viven sen saber que son fillos de Deus".
CADA HORA DESAPARECEN 11 NENOS NA INDIA PARA SER VENDIDOS COMO ESCRAVOS
Na India cada hora desaparecen 11 nenos, vítimas da trata de seres humanos, moi extendida no país. Segundo un informe presentado en Nueva Delhi pola ONG Bachpan Bachao Andolan baseado nas denuncias presentadas por pais de familia de 2008 a 2010, 117.480 nenos desapareceron, a meirande parte nas grandes cidades de Mumbai, Calcuta e Nueva Delhi, onde son vendidos ás familias ricas como escravos domésticos, industriais e escravos sexuais, ou para organizacións que manexan a mendicidade.
Como xa informaron outros grupos que se ocupan da defensa dos dereitos humanos, o aumento do benestar económico da cidade favoreceu a proliferación dalgúns males sociais, entre eles a demanda de "pequenos escravos" para o traballo doméstico. O fenómeno é particularmente grave na capital india, onde en 2010 desapareceron 1.442 nenos. A ONG tamén se dedica á liberación dos niños traballadores explotados en traballos artesanais en Nueva Delhi.
FAMILIAS CATÓLICAS, CARA MILÁN 2012
Está nas librarías italianas dende o 2 de decembro, o primeiro volume de ?En familia, Instrumentos interactivos para as Catequeses do VII Encontro Mundial das familias?, texto realizado pola Fundación Milán Familias 2012. O material é unha profundización das dez catequeses preparatorias ao VII Encontro Mundial das Familias 2012, que se celebrará en Milán do 30 de maio ao 3 de xuño.
Este volume recolle: ?O segredo de Nazareth?, ?A Familia xenera a vida?, ?A Familia vive a proba? e ?A Familia anima a sociedade?. A publicación, que conserva integramente as catequeses oficiais do Encontro, se propón tamén como ?caixa de ferramentas?, coa que apoiar, enriquecer, personalizar os dez capítulos sobre os temas do encontro.
Con motivo da Xornada da Familia que ha de celebrarse en España o próximo 30 de decembro de 2011, os bispos españois publicaron unha nota sobre o evento, co título "Familia cristiá, arraigada en Cristo", como unha secuela do encontro xuvenil de Madrid en torno ao papa, este verano. Os bispos citan tamén na súa nota o próximo encontro mundial das familias en Milán.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios