Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

BREVES XXVI Encontro de delegados diocesanos de pastoral universitaria

Autor:
Ana Barro
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:14 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

"A Xornada Mundial da Xuventude, Madrid 2011: retos á presenza cristiá na Universidade e no seu entorno cultural" foi o tema do XXVI Encontro de delegados diocesanos de Pastoral Universitaria organizado pola Conferencia Episcopal Española, que se desenvolveu o 17 de novembro en Madrid.

O bispo de Jerez de la Frontera e vocal da Subcomisión Episcopal de Universidades, Monseñor José Mazuelos deu comezo ás xornadas. O P. José Mª Rodríguez Olaizola, SJ, pronunciou unha ponencia co título ?Reflexións dende a JMJ. Un tempo de oportunidade?. Tamén interviron o Inspector de Facenda, Juan Antonio Navarro coas súas "Propostas de todo o suxerido pola JMJ Madrid 2011 aos xoves profesionais"; Alejandro Rodríguez de la Peña, profesor de Historia Medieval na Facultade de Humanidades e CC. da Comunicación da Universidade CEU San Pablo, que presentou "Apuntes e reflexións sobre o encontro do Santo Pai cos profesores universitarios en El Escorial"; e Agustín del Día, director do Secretariado da Subcomisión Episcopal de Universidades , "Nova Evanxelización e espiritualidade na cultura universitaria".

ENCONTRO NACIONAL DE CONSILIARIOS E SACERDOTES RURAIS

Os días 15 e 16 de novembro celebrou o Encontro Nacional de Consiliarios Rurais, organizado polo Movemento Rural Cristián e o Movemento de Xoves Rurais Cristiáns, co lema "Evanxelizar e acompañar en tempos de increnza". Dirixido a tódolos sacerdotes rurais, o encontro desenvolveuse na Casa de Espiritualidade "Villa San Pablo", en Carabanchel Alto (Madrid). O profesor do Instituto Superior de Pastoral da UPSA en Madrid e teólogo, Juan de Dios Martín Velasco, disertou sobre "Evanxelizar en tempos de increnza" e sobre "A misión evanxelizadora"; e o Director do Instituto de Pastoral Social e profesor de Teoloxía Pastoral de Badajoz disertou sobre "O acompañamento laical. Misión e pasos de quen acompaña".

XORNADAS XERAIS DE PASTORAL OBREIRA

Os días 12 e 13 de novembro, celebráronse as XVII Xornadas Xerais de Pastoral Obreira (Encontro de Delegados diocesanos de Pastoral Obreira e Presidentes dos Movementos Apostólicos Obreiros) organizadas polo Departamento de Pastoral Obreira da CEE, en Ávila. O Encontro tivo como obxectivo "reflexionar sobre a realidade do desemprego na nova configuración do traballo" e "aportar o xuízo cristián" á luz da Doutrina Social da Igrexa. Ademais, pretendíase coñecer a acción e as propostas sindicais en relación ao desemprego así como "concretar propostas para o acompañamento pastoral e a presenza evanxelizadora cos traballadores desempregados".

FALAR DE DEUS NA VIDA PÚBLICA

Do 18 ao 20 de novembro, en Madrid, tivo lugar o XIII Congreso Católicos e Vida Pública co lema Liberdade relixiosa e Nova Evanxelización. Asistiron destacadas personalidades nacionais e internacionais da actividade política e a fe, nun evento organizado pola Asociación Católica de Propagandistas (AcdP). "Somos conscientes de que ámbolos dous temas forman parte da preocupación pastoral da Igrexa. Hai pouco, o santo pai recordounos a necesidade da liberdade relixiosa como garante das demais liberdades", afirman na súa páxina web os organizadores sobre o lema do evento. "Por este motivo -engaden-, pensamos que ante o reto da Nova Evanxelización, é preciso recordar o marco político axeitado onde esta é posible" e "non podemos perder de vista a necesidade de poder falar de Deus na vida pública". O Congreso Católicos e Vida Pública é hoxe un referente dentro do catolicismo social español. O congreso, din os organizadores, "quere facer visible este desexo e contribuír á presenza de Deus na vida pública mediante a testemuña cristiá". Dende hai unhas cantas edicións os nenos son tamén os protagonistas do congreso: "No congreso pode participar toda a familia. De feito, o congreso Infantil, non é un anexo do congreso, senón que é o Congreso. Nel, os máis pequenos se forman para ser capaces de discernir o bo do malo e sentirse protagonistas".

¿DOS EN UNA SOLA CARNE?, HISTORIA DAS RELACIÓNS SEXUAIS NO CRISTIANISMO

Margherita Pelaja e Lucetta Scaraffia abordan este estudio histórico sobre as relacións sexuais no cristianismo. A primeira, defínese laica; a segunda, acaba de ser nomeada por Benedicto XVI consultora do consello pontificio para a Nova Evanxelización. O orixinal "Due in una carne", ofrecido agora en español ¿Dos en una carne?- por Ediciones Cristiandad é, segundo a editorial, "un libro clarificador e atrevido pola súa forma e polo seu fondo". O libro presenta a evolución do estudo da sexualidade na Igrexa dende as súas orixes ata os nosos días, e a súa relación cos aspectos sociais, legais e, nos últimos séculos, tamén médicos e científicos. Esta obra expón moitos dos problemas, plantexamentos e prácticas sexuais cos que a Igrexa se foi atopando na sociedade de cada momento e ás que tivo que dar resposta. É un estudo histórico serio que aúna os enfoques de dúas autoras cun bagaxe cultural e existencial moi variado.

MILES DE NENOS E NENAS OBRIGADOS A ABANDONAR A ESCOLA EN ZIMBABWE

A pobreza, abusos e as tradicións culturais, impiden asistir á escola a un terzo das nenas en Zimbabwe negándolles a educación básica. De acordo cun estudo realizado pola ONG Plan Internacional o acoso e abuso sexual ata polos profesores e os pais, as dificultades culturais, a falta de taxas de matrícula, os matrimonios, os embarazos precoces e os compromisos dos pais, son algúns dos factores que contribúen a que as nenas abandonen a escola.

Segundo o estudo, titulado "Porque soy una niña", as longas distancias que os nenos nas zonas rurais deben percorrer para chegar á escola, e a grande carga dos nenos que, despois da morte dos pais, deben asumir a responsabilidade da familia, son outros factores que contribúen a elevar a taxa de deserción escolar. Debido a un programa de goberno dos desaloxos forzosos no ano 2005 foron desaloxadas pola forza arredor de 700 mil persoas das zonas urbanas de todo o país, o que empeora as dificultades de acceso á educación das nenas das familias involucradas, moitas familias foron desaloxadas pola forza das zonas rurais e campamentos temporais que carecen de instalacións para a educación e, nalgunhas zonas, os edificios escolares foron derruídos. Debido á suspensión do suministro dos medios de subsistencia das familias, moitos xa non poden permitirse o luxo de pagar as cotas escolares.

Un informe de Amnistía Internacional demostra que moitas nenas de Hopley prostitúense con homes maiores ou casados, tras ter sido expulsadas dos seus fogares porque o goberno non as inscribíu de novo na escola. O sistema educativo do país diminuíu constantemente nos últimos dez anos debido á crise económica. En moitas escolas carecen de libros de texto e material didáctico. En 2009, o Goberno promoveu o Fondo de Transición de Educación para contrarrestar a escaseza de materiais de ensino nas escolas. Unha segunda fase do programa foi lanzada e centrarase no acceso a unha educación equitativa e de calidade para tódolos nenos respondendo ás disparidades de xénero dos estudantes nas escolas secundarias, e ofrecendo a aqueles que non asisten á escola unha segunda oportunidade.

 

ENVIAR NOTICIA  

BREVES XXVI Encontro de delegados diocesanos de pastoral universitaria

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.