Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

FARAGULLAS Día dos sen teito

Autor:
Félix Villares Mouteira
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:19 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

DÍA DOS SEN TEITO

Cáritas, xunto con FEANTSA Europa (Federación Europea de Organizaciones Nacionales que trabajan con Personas Sin Hogar) celebra, no marco da Campaña Ninguén sen Fogar 2010-2015, a súa campaña anual co lema "Todos somos cidadáns. Ninguén sen fogar". Esta Xornada vai ter lugar o domingo, día vinte e sete de novembro. Salvargardar os dereitos das persoas sen fogar é vital. É unha necesidade, non un luxo. Non é unha cuestión dos dereitos da minoría contra os dereitos duns poucos. O xeito como un país trata ós máis débiles reflicte a súa abordaxe dos dereitos humanos. Entre as moitas actividades que se van levar adiante co gallo desta Xornada, Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol vai realizar un Flasmob hoxe, día vinte e catro de novembro, ás doce horas na Praza de Armas de Ferrol.

CEA BENÉFICA

A Coordinadora de Confrarías da Semana Santa de Ferrol organiza, ás nove e media da noite de pasado mañá, sábado, día vinte e seis, unha cea benéfica a prol de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol. Vai ter lugar no Hotel Almirante e o custe da mesma é de vinte euros. Durante a cea van sortearse diversos agasallos doados por casas comerciais da cidade e actuará, de xeito desinteresado, o grupo musical Urtica. Poden retirarse as entradas en Cáritas Diocesana, no Hotel Almirante e na Libraría Chamorro.

ELECCIÓNS NO MOSTEIRO DAS CONCEPCIONISTAS DE MONDOÑEDO

O pasado día dez deste mes de novembro tivo lugar, no Mosteiro da Purísima Concepción de Mondoñedo, da Orde da Inmaculada Concepción, a elección canónica da Madre Abadesa, da Vicaria e da Discreta, polas Monxas vocais do Mosteiro, capitularmente congregadas, baixo a presidencia de Gonzalo Folgueira Fernández, Vicario para a Vida Consagrada. Observados os requisitos do Dereito, foi elexida Abadesa Sor María Rosa Casais Iglesias. Unha vez feita a elección e non habendo ningún impedimento, o Presidente do Capítulo proclamou elexida canonicamente a Sor María Rosa Casais Iglesias. A continuación as vocais proceden á elección da Vicaria, resultando elexida Sor María de la Luz García Abella, e da Discreta sendo elexida Sor María de la Concepeción Rivera Barreiro, ás que, ó non haber ningún impedimento, o Presidente do Capítulo proclamou como elexidas canonicamente.

NOVO NÚMERO DE ?AMENCER?

O Seminario Santa Catarina de Mondoñedo e a Asociación Cultural Amigos de "Amencer" veñen de publicar o número 214 da revista escolar Amencer. Este número, que corresponde ós meses de setembro-outubro, é o primeiro deste curso escolar e está dedicado na súa maior parte a Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, alumno que foi do centro mindoniense, xa que o pasado día quince de setembro cumpríronse os douscentos anos do seu nacemento na cidade de Viveiro. Despois dunha breve biografía do autor, reprodúcese toda a obra galega do escritor vivariense que, aínda que breve, é importante polo momento en que é producida, en plenos Séculos Escuros. Na sección "Falamos con...", entrevístase ó Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal. Remata a revista coas habituais seccións "A carón do lume", "Faise saber..." e "Chispa". Antes das vacacións do Nadal sairá o número 215, xa que neste curso a revista volve a ser bimensual.

 

ENVIAR NOTICIA  

FARAGULLAS Día dos sen teito

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.