Colexio Fundación Martínez Otero de Foz, atópase na céntrica rúa Paco Maañón número 12. Trátase dun colexio de ensino concertado mixto que conta coas etapas de Infantil, Primaria e E.S.O. Os seus alumnos proceden de varios municipios da Mariña: Foz, Burela, Lourenzá, Cervo, Xove, Alfoz, Barreiros, Mondoñedo e Ferreira do Valadouro. A creación deste centro responde á vontade de D.Eliseo Martínez Pillado e de Dª Pilar Otero Pillado, quen no seu testamento legan unha importante suma de bens para a súa fundación. Así en 1936, os encargados de aplicar as disposicións do testamento adoptan a clasificación de Fundación benéfico-docente.
A creación do colexio responde á vontade de don Eliseo Martínez Pillado e de dona Pilar Otero Pillado, que no seu testamento legaron unha importante suma de bens para a súa fundación. Esto aconteceu aló polo 1936, en que os albaceas aplicando as disposicións do testamento adoptaron a clasificación de Fundación benéfico-docente. O Colexio foi masculino e pasou por mans de distintas custodias relixiosas, así en 1940 fíxose cargo a Congregación Menesianos, desde 1964 a Xunta de Patróns nomeou superior e administrador ó sacerdote D. Manuel Crespo Prieto, que xunto cun grupo de Mestres seglares, encargáronse de impartir as clases de primaria e secundaria ós alumnos do colexio durante os cursos 1964 a 1966, sendo reemprazado nese último ano por D. Agapito Díaz da Congregación dos Padres Maristas coa que se firmou contrato no ano 1968. Nese ano o colexio quedou oficialmente autorizado para impartir o ensino en Primaria e no 1969 en ensinanza Media. En 1973 transfórmase e aprobase a EXB con 16 aulas e 640 postos escolares. Durante ese curso autorízase tamén a etapa de preescolar. En 1983 o colexio pasa a ser de ensino mixto. En 1992 os Padres Maristas deixan a dirección e pasa a facerse cargo a Congregación Salesiana, que o rexenta ata a actualidade.
Este Colexio pretende co seu ideario promover unha educación integral dos alumnos dacordo cunha concepción cristiá, segundo o estilo de San Xoán Bosco, preparando ós máis xoves para participar activamente na transformación e mellora da sociedade. Cunha opción polos máis necesitados, educando na liberdade, nos valores universais, coa acollida do xove e da súa realidade, coidando especialmente as relación persoais, a solidariedade, a amizade, o compromiso, a ledicia, a confianza. Coidando o coñecemento do medio local, a súa cultura e espazo. Sen esquecer tamén a súa dimensión evanxelizadora na que a dimensión relixiosa ocupa o seu xusto lugar para coñecer a Cristo e recorrer o seu camiño de fe.
O transporte escolar conta con catro liñas: Xove-San Cibrao-Foz, Burela- Foz, Ferreira-S. Miguel-Foz e Lourenzá-Foz. Con comedor escolar, participando nas campañas de Hixiene Bucodental e de Prevención de Drogodependencias promovidas pola Xunta de Galicia. Conta cunha organizada biblioteca ó tempo que se publica trimestralmente a revista escolar ?Vieiro? que entre outras cousas recolle a aportación literaria dos seus alumnos. A Asociación de Pais de Alumnos e a Agrupación Deportiva Martínez Otero encárganse de actividades deportivas extraescolares (baloncesto, xadrez, tenis de mesa, campo a través, psicomotricidade infantil) que se canalizan a través delas. E dentro do horario lectivo realízanse actividades complementarias coma a campaña Buenos días, as Viaxes culturais, as veladas artísticas, as campañas de solidariedade, o plan de acción tutorial, a animación á lectura, a formación en valores, así coma as tutorías grupais e persoais.
O Colexio conta con 14 aulas, un laboratorio múltiple, unha aula de tecnoloxía. Unha sá D. Bosco de usos múltiples, outra de música, un salón de actos, aula de informática debidamente equipada, dous ximnasios, un pabellón de deportes cuberto, un patio polideportivo e de recreo, un parque infantil, unha sá de xogos, outra para o xadrez, un campo de fútbol, un centro xuvenil, unha sá para madrugadores. O centro coida especialmente as accesibilidades mediante ascensor e rampas.
Podemos consultar os horarios de actividades extraescolares, así coma un amplo repertorio fotográfico de actividades do centro na súa páxina web: www.foz.salesianos.es
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios