XUNTANZA NO ARCIPRESTADO DE TERRA CHÁ
O Centro Parroquial de Vilalba vai acoller, a partir das once da mañá, do vindeiro sábado, día vinte e nove de outubro, unha Xuntanza do Plenario do Consello Pastoral do Arciprestado de Terra Chá. Nesta xuntanza farase unha presentación do Plan Diocesano de Pastoral para este curso e do Congreso de leigos, que se vai celebrar na nsoa diocese.
FESTA DE SANTOS E DEFUNTOS
Como é tradicional o día primeiro de novembro celébrase o Día de Todos os Santos e o día dous, o Día de Defuntos. Con este motivo, a participación nas Eucaristías é masiva e tamén os fieis teñen o costume de achegarse ós cemiterios para lembrar ós seus devanceiros rezando e adornando as campas e sepulturas nas que descansan.
DÍA DE SAN MARTIÑO
O día once de novembro celébrase a festa de San Martiño de Tours un dos santos con máis de número de parroquias baixo o seu patrocinio en Galicia ?ocupa o cuarto lugar con 235, despois da Virxe María (791), San Pedro (322) e Santiago (277)-. Na nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol hai vinte e dúas parroquias que teñen a San Martiño como patrono. O seu culto foi extendido en toda Galicia por San Martiño de Dumio, orixinario tamén da rexión de Panonia (actual Hungría).
CURSO DE ANIMADORES DE PASTORAL XUVENIL
A Casa Reitoral de Santiago de Lago, no Concello de Valdoviño, vai acoller o vindeiro día doce de novembro, sábado, un cursiño de Animadores de Pastoral Xuvenil. Este curso está organizado pola Delegación Diocesana de Pastoral da Infancia e Xuventude.
DÍA DA IGREXA DIOCESANA
O domingo, día trece de novembro, celébrase o Día da Igrexa Diocesana co lema A túa Igrexa contigo, con todos. Trátase dunha Xornada de sensibilización da pertenza á Igrexa de Xesús que peregrina nun territorio concreto. No caso da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, no territorio do norte das provincias de A Coruña e Lugo.
CURSO DA ESCOLA DE AXENTES DE PASTORAL
Un curso máis vai dar comezo a Escola de Axentes de Pastoral na nosa Diocese. Concretamente vaise inaugurar o día 31 de outubro, luns, ás 8 tarde, na igrexa das Angustias (Campus) en Ferrol; o día 7 de novembro, luns, ás 8 tarde, no Colexio Martínez Otero de Foz; e día, 8, martes, ás 8:30 da tarde, no Colexio da Inmaculada Niña en Viveiro. A lección inaugural será impartida polo Equipo da Delegación diocesana de Pastoral Xuvenil, sobre ?A JMJ : un novo impulso pastoral?.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios