Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

FARAGULLAS Novos prelados de honor da súa santidade

Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:20 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

A Súa Santidade o Papa Benedicto XVI concedeu, a petición do Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Manuel Sánchez Monge, Bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, o título de Prelado de Honor a dous sacerdotes da nosa Diocese. Trátase dos sacerdotes don Enrique Cal Pardo e don Uxío García Amor. O pasado día vinte e tres de setembro, nun solemne acto que tivo lugar, na Santa Igrexa Catedral Basílica de Mondoñedo e que presidiu o Bispo, monseñor Sánchez Monge, fóronlles entregados os correspondentes diplomas pontificios. Os novos Prelados de Honor da Súa Santidade estiveron arroupados por numerosos fieis que ateigaban as naves da Catedral e que chegaron desde diversos puntos da Diocese.

INAUGURACIÓN DE CURSO NO SEMINARIO SANTA CATARINA

Na mañá do pasado día primeiro de outubro tivo lugar no Seminario Santa Catarina de Mondoñedo a inauguración oficial do curso 2011/2012 nun acto que presidou o Bispo da Diocese, don Manuel Sánchez Monge e ó que aistiron os reitores dos Seminarios Maior e Menor, os profesores, os alumnos, os pais e nais e varios sacerdotes. O acto deu comezo na Aula Crecente Vega co saúdo do Bispo e despois procedeuse á lectura da Memoria do pasado curso tanto do Seminario Maior como do Menor. Despois o Vigairo Xeral da Diocese, Antonio Rodríguez Basanta, pronunciou unha conferencia co tema ?Educar máis que en valores?. A continuación, nunha das capelas, celebrouse a Eucaristía que presidiu o Bispo e na que concelebraron os sacerdotes asistentes. Rematou o acto cun viño galego nun dos comedores do Seminario.

PRESENTACION DO NOVO CURSO DE PASTORAL DA SAÚDE

Mañá, día vinte oito de outubro, a partir das dezasete horas, vai ter lugar, no Salón de Actos da Domus Ecclesiae de Ferrol, a presentación do novo curso de Pastoral da Saúde, que vai presidir o Bispo da Diocese, monseñor Sánchez Monge. O sacerdote da diocese, Javier Martínez Prieto vai ter un relatorio sobre A enfermidade no entorno de Xesús: a sanación no proceso da fe. Esta presentación está organizada pola Delegación Diocesana de Pastoral da Saúde. A Delegada Episcopal, nunha carta de presentación, sinala como obxectivos para este novo curso: reflexionar sobre a necesidade de sanación-salvación do home e da muller de hoxe, e os camiños e búsquedas que utiliza para iso; cuidar a dimensión espiritual e relixiosa da persoa; cultivar a dimensión saudable da fe e dos sacramentos da vida, e celebrar o poder curativo da fe e dos sacramentos.

CONVIVENCIA SACERDOTAL

O Seminario Santa Catarina de Mondoñedo acolleu o pasado día vinte e tres de setembro a tradicional Conviencia Sacerdotal de principio de curso na que se presentou o programa pastoral para o novo curso 2011/2012, que ten como obxectivo Vivir a fe como resposta ó seguimento de Xesús. Durante a mañá houbo xuntanza de grupos e posta e común. Rematou a Convivencia un xantar fraterno. Participaron máis de cen sacerdotes.

CURSIÑOS DE CRISTIANDADE

O Real Seminario de Santa Catarina de Mondoñedo acolleu a XX edición dos Cursiños de Cristiandade Mixtos que tiveron lugar desde as vinte horas do venres, vinte e un deste mes de outubro ata o mediodía do domingo, día vinte e trés. Participaron nesta edición dos Cursiños de Cristiandade 17 cursillistas chegados de diversas parroquias da Diocese. Organizou o Movemento Apostólico de Cursiños de Cristiandade.

VIDA ASCENDENTE

O pasado día seis deste mes de outubro houbo en Piñeiros unha xuntanza de animadores do grupos de Vida Ascendente. E o pasado día vinte un, a partir das sete e media da tarde, a igrexa parroquial de San Lourenzo de Doso acolleu a inauguración do curso 2011/2012 de Vida Ascendente na que participaron todos os grupos. Presidiu o Bispo da Diocese, Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Manuel Sánchez Monge. Repartíronse exemplares do Temario Nacional para este curso que leva por título ?Ganas de vivir?.

 

ENVIAR NOTICIA  

FARAGULLAS Novos prelados de honor da súa santidade

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.