Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

CULTURA O noso Patrimonio Cultural

Autor:
Félix Villares Mouteira
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:16 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

O tema do Patrimonio Cultural e da súa protección está de actualidade a raíz da desaparición do Códice Calixtino. O Patrimonio estaba aí e, todo hai que dicilo, moi poucos se preocupaban da súa conservación e da súa posta en valor. Se o Patrimonio Cultural chegou a nós é porque alguén se preocupou da súa conservación ata o día de hoxe. Neste tema da conservación do Patrimonio Cultural cómpre sinalar que a Igrexa xogou un papel deteminante e coido que así se debe recoñecer. Ó longo de centos de anos protexeu e coidou o Patrimonio Cultural. Ó mesmo Códice Calixtino, desaparecido fai poucos meses, ¿quen o conservou e o fixo chegar ata os nosos días?

Que todo o Patrimonio Cultural se puido e se pode protexer mellor, é posible, pero hai que pensar que a seguridade ó cen por cen estamos a ver que é imposible pois vemos, con certa frecuencia nos medios de comunicación, que de museos, galerías de arte, bibliotecas, etc, dotados coas máis avanzadas e sofisticadas medidas de protección, están a faltar pezas valiosas.

O problema é outro. Como moi ben dicía un galego con moita retranca: se todos fosen coma min e eu como tiña que ser, sobraba a Garda Civil. Todos temos a obriga de protexer e conservar os valores patrimoniais -e eu engadiría tamén ambientais- que os nosos devanceiros nos fixeron chegar e que nós debemos transmitir ás xeracións futuras.

Que é Patrimonio?

A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia no artigo primeiro di que o Patrimonio Cultural de Galicia é o conxunto de bens materiais (tanxibles) e inmateriais (intanxibles), que conforman as características específicas da cultura galega e que teñen un interese relevante, que teñen un gran valor para a permanencia e a identidade da cultura e da historia galega a través do tempo.

1. O Patrimonio Cultural é a herencia cultural propia do pasado, coa que o pobo vive hoxe e que transmitimos ?ou debemos transmitir- ás xeracións vindeiras.

Como escribe acertadamente Felipe Arias Vilas, «quere isto dicir que toda a nosa historia, mesmo ata os tempos recentes, ten un reflexo concreto e determinado nos elementos e nos conxuntos que consideramos Patrimonio Cultural en todas as súas manifestacións, enormemente variadas. Precisamente porque a nosa é unha vella historia, que se conta por miles de anos, o noso Patrimonio Cultural é extraordinariamente rico, abundante e diverso, e espállase ademais por todo o territorio galego. Ademais, hai que ser conscientes de que este Patrimonio forma parte da paisaxe natural e cultural, tanto urbana como rural, tanto do interior como da costa, pois sempre é testemuño dunhas actividades humanas vinculadas a uns espazos. A unha sociedade, a uns modos de vida e a unhas mentalidades determinadas.

Que integra o Patrimonio Cultural de Galicia?

A xa citada Lei di que o Patrimonio Cultural de Galicia está integrado polos bens mobles (unha peza arqueolóxica, unha escultura, unha imaxe, unha pintura, un documento histórico...), inmobles (os castros, as igrexas, as capelas, os pazos, os cruceiros, as pontes...) e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico (lendas, romances, festas tradicionais, costumes, ritos...). Ademais forman tamén parte do Patrimonio Cultural de Galicia o patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os depósitos e zonas arqueolóxicas, así como os sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico e antropolóxico.

 

ENVIAR NOTICIA  

CULTURA O noso Patrimonio Cultural

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.