Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

BREVES Madrid acollerá o encontro nacional de responsables de Pastoral Xuvenil

Autor:
Ana M. Barro | Agencias
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:14 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

O Departamento de Pastoral da Xuventude da Comisión Episcopal de Apostolado Seglar da CEE organizou o Encontro Nacional de Responsables de Pastoral Xuvenil. Nesta ocasión, celebrarase na localidade madrileña de Pozuelo de Alarcón, do venres 28 ao domingo 30 de outubro.

O Encontro comezará coa ponencia do Bispo de San Sebastián, Mons. José Ignacio Munilla, quen falará das «Claves da mensaxe do Santo Padre na JMJ de Madrid». Xa o día seguinte o Bispo de Solsona, Mons. Xavier Novell, disertará sobre o ?Acompañamento espiritual e itinerario tras a JMJ?. Ese mesmo día, pola tarde, celebraranse dúas mesas redondas tituladas Experiencias compartidas da JMJ. O que aprendemos da experiencia da JMJ (I) e (II).

Ademais, o último día do encontro desenvolverase un debate sobre o regulamento interno do Consello da Xuventude, no que se aportarán propostas do departamento para o curso pastoral 2011-2012.

A FAMILIA, DESAFÍO PARA UNHA NOVA POLÍTICA

O Instituto de Política Familiar (IPF) presentou o 14 de outubro o libro La Familia, desafío para una nueva política.

Éste é, quizais, o libro máis completo que se escribiu ata agora sobre a familia en España, sinala Eduardo Hertfelder- presidente do IPF- pois por primeira vez abordase nun só volume a situación da familia -incluíndo os datos máis actualizados que existen ao día dos seus principais indicadores-; a orixe e as causas do por qué se chegou a esta situación; e sobre todo, as solucións, propostas e alternativas cun conxunto de 101 medidas para a realización dunha auténtica política integral de apoio á familia e que dende o IPF consideran indispensables.

É indiferente para a sociedade que as familias estean rotas ou sexan estables?, que os pais poidan conciliar a súa vida laboral e familiar ou que non teñan tempo para iso?, que os nenos nazan ou sexan abortados?, que os fillos sexan educados nun determinado contexto ou noutro?, que sexan educados polos seus pais ou segundo as intereses doutrinarias do Goberno de turno? Que vai pasar cando o Goberno cambie de mans? Que farán as novas leis e decisións políticas pola vida familiar? Fortalecela ou debilitala?, pregunta Hertfelder.

Chegados a este punto deberiamos preguntarnos realmente, é importante a familia? Ten vixencia a familia en pleno século XXI? Realmente cumpre a familia unha serie de funcións sociais vitais para a sociedade? Por que é necesario promocionar, protexer e axudar á familia? E máis concretamente, cales son os problemas da familia española na actualidade? Hai solución ou alternativas aos problemas e necesidades das familias? Poden as administracións e os políticos facer algo por e para a familia? Que é o que poden facer?

A resposta a todos estes interrogantes, e moitos máis, son abordados neste libro que editou o Instituto de Política Familiar (IPF).

MIL MILLÓNS DE PERSOAS, MIL MILLÓNS DE DRAMAS

Os días 16 e 17 de outubro conmemoramos, respectivamente, os Días da Alimentación e da Erradicación da Pobreza. Son estas dúas xornadas nas que, teoricamente, parte do mundo volve os seus ollos cara os máis desfavorecidos, cara aqueles que ven vulnerados uns dereitos que deberían amparalos e protexelos.

Nos últimos meses, as imaxes da fame e a pobreza que afectan a moitas rexións do Corno de África, entraron nos nosos fogares facéndonos testemuñas de como estas lacras que, nun mundo de abundancia e despilfarro, afectan a case unha sétima parte da humanidade, levan a homes e mulleres a situacións de vulnerabilidade extrema, ás que nunca debería enfrontarse o ser humano.

Trátase de previr o problema e non de buscar unha solución cando o dano xa está feito. Cando están en xogo vidas humanas, os parches non serven. A fame e a pobreza son consecuencia de comportamentos e actitudes arraigadas nas nosas sociedades dende hai séculos, relacionados con hábitos e niveis de consumo innecesarios (de alimentos, de auga, de enerxía, etc.) coa explotación irracional dos recursos naturais, co desenvolvemento económico a costa do deterioro medioambiental, etc.

Mans Unidas, leva máis de cincuenta anos avogando por estes cambios. O noso traballo non se limita unicamente á financiación e apoio a proxectos de desenvolvemento, senón que, a través da sensibilización e a educación para o desenvolvemento, intentamos promover ese cambio de actitudes e de comportamentos imprescindibles para lograr o noso obxectivo último que non é outro que acabar coa pobreza e a fame no mundo.

 

ENVIAR NOTICIA  

BREVES Madrid acollerá o encontro nacional de responsables de Pastoral Xuvenil

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.