Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

GALICIA Presentación do Día da Caridade 2011

Autor:
C. Quintela
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:22 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Cáritas Diocesana de Lugo presentou en rolda de prensa o Día da Caridade o pasado 13 de xuño. O lema escollido a nivel nacional para este día é: As cousas importantes fanse con corazón. Antón Negro, delegado de Cáritas comentou que este lema ten unha dobre vertente: teolóxica, pois hai que destacar o cristianismo de conversión sobre o cristianismo de tradición; e social, porque debe prevalecer a militancia sobre a burocracia.

Pola súa banda, o Director de Cáritas Lugo, Ginés Fernando Plaza, comentou o que o programa Empresas con corazón, iniciado o mes de xaneiro, ten unha boa resposta por parte das empresas. Ademais da colaboración económica, hai profesionais que durante un tempo aportan os seus coñecementos, e outras empresas fan donativos en especie. Segundo o Director de Cáritas, existe sensibilidade cara aos problemas económicos dos demais. Aumenta o número de doantes, pero non a cantidade recadada, porque as contías son menores.

A Secretaria Xeral de Cáritas, Mónica Yáñez, informou dos actos programados para o día da Caridade 2011, salientando o «Pregón da Caridade», a cargo de José Blanco López, Ministro de Fomento, que tivo lugar no Salón Rexio do Círculo das Artes.

Diócese de Ourense: A academia de San Rosendo en Portugal

O sábado día 18 de xuño a Academia rosendiana celebrou unha sesión extraordinaria en Santo Tirso (Portugal), a terra natal de San Rosendo. Nesta sesión nomeouse Académico de honra á Cámara Municipal de Santo Tirso e tomaron posesión como académicos correspondentes o profesor da Universidade de Lisboa, Aires do Nascimento e o Director do Museo de Santo Tirso, Alvaro Brito. Os académicos ademais visitaron os lugares rosendianos.

A Academia que presenta estes días o nº 6 da súa revista RUDESINDUS, reúne a importantes personalidades da cultura e a investigación de Galicia, doutras partes de España e de Portugal especialistas en San Rosendo, o século X, o mundo monástico e a Historia de Celanova e Mondoñedo. Desde xeito consolídase como unha preciosa aposta por facer da relación fe e cultura unha achega valiosa e enriquecedora para a sociedade actual. Constituída como froito do Ano Xubilar de San Rosendo ten como Patróns ao Bispo de Ourense e de Mondoñedo-Ferrol.

Diócese de Tui-Vigo: O tudense Pérez Serantes, un bispo comprometido cos cubanos

Galego de Tui, Primado da Igrexa cubana, foi o Tarancón cubano, moi comprometido coa democracia, capaz de denunciar os atropelos do réxime de Batista pero tamén a deriva anticatólica da Revolución Cubana. Con trazos como estes definiu o historiador Ignacio Uría no Club FARO a Enrique Pérez Serantes, arcebispo de Santiago de Cuba e Primado da Igrexa católica cubana entre 1948 e 1968, na charla que lle presentou Alberto Cuevas, xefe de prensa do Bispado de Tui-Vigo. Fillo de familia de agricultores tudenses, salvo o seu pai que foi garda civil, Uría dixo del que ?coñeceu os rigores da Galicia agraria daquel tempo, que abandonou para non cumprir o servizo militar, e ese compoñente da súa biografía explica o seu compromiso con esa parte da sociedade cubana marxinada, como os traballadores portuarios. Uría, ao que o editorial Encontro acaba de publicar Igrexa e revolución en Cuba. Pérez Serantes, o bispo que salvou a Fidel Castro? (Premio de Investigación Histórica Jovellanos 2011), considérao unha personalidade xigantesca na historia cubana polas súas actividades ao longo de varias décadas?. Nunca foi, segundo este estudioso da súa vida, un marxista, nin sequera un sacerdote que abrazase a teoloxía da liberación, pero estaba moi comprometido cos católicos cubanos e, sobre todo, os que pasaban por unha situación social e económica indigna.

Santiago de Compostela: Barca de Santiago, nova revista diocesana

A Diocese de Santiago acaba de publicar o primeiro número da súa revista diocesana co título de Barca de Santiago. Velaquí o contido desta primeira saída á rúa: Renacer del agua y del Espíritu

por D. Julián Barrio. Editorial: Barca de Santiago, por Manuel Blanco (director); 800 Años de la Consagración de la Catedral, por D. José Mª Díaz. Pentecoste non é calquera cousa, por Javier Rodríguez. La JMJ desde nuestra diócesis, por Inma Tamayo. JMJ, Jornada de todos, por Tomás Fernández. Pastoral de la Salud Jornada del Enfermo, por Loli Platas. X Solidaria por Dictino Maceira. Ordenaciones en la Diócesis. Vacaciones para los demás, por Cristina Otero. Un libro: Jesús de Nazaret por Bienve García. Cine: Gran Torino, por David Álvarez. Ademais das seccións de Noticias, Monasterios e Camina?.

Desde as páxinas de DUMIO dámoslle a benvida a esta publicación eclesial, desexando que sexa canle de información e evanxelización.

 

ENVIAR NOTICIA  

GALICIA Presentación do Día da Caridade 2011

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.