Nestes días, do vinte e sete de xuño ó primeiro de xullo, está a ter lugar a XXVIII peregrinación diocesana ó Santuario mariano de Lourdes na que están participando máis de cento cincuenta peregrinos. Esta peregrinación está organizada pola Hospitalidade Nosa Señora de Lourdes.
XORNADA DE RESPONSABILIDADE NO TRÁFICO
O vindeiro día tres de xullo, domingo, vai ter lugar a celebración da Xornada de Resposabilidade no Tráfico, que este ano ten como lema: ?Camiños de encontro?. Esta Xornada está organizada pola Delegación Diocesana de Pastoral da Estrada.
FESTA DE NOSA SEÑORA DO CARME
O día dezaseis de xullo, sábado, vaise celebrar a festa de Nosa Señora do Carme, Patrona dos homes e mulleres que traballan no mar. Co gallo desta celebración ?de tanta raigame entre as xentes mariñeiras- van ter lugar, nas vilas costa da nosa diocese, as tradicionais celebracións na honra de Nosa Señora: Eucaristía e procesión. Cómpre salientar as de Burela, Foz, Celeiro, Cedeira, Cariño, O Vicedo..., algunhas xa celebradas. Tamén noutras parroquias e vilas do interior, como nas Pontes, onde, como é tradicional, precede unha novena moi concorrida á celebración da festividade do Carme.
CAMPAMENTO DIOCESANO
O Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá vai acoller, do vinte e dous ó trinta e un de xullo, unha quenda de campamento para os nacidos e as nacidas entre 1995 e 2002. Esta quenda está organizada, como xa vén sendo tradicional, polo Colectivo Campamento Diocesano.
ANIVERSARIO DA ORDENACIÓN EPISCOPAL DE MONSEÑOR SÁNCHEZ MONGE
O vindeiro día vinte e tres de xullo cúmprese o VI aniversario da ordenación episcopal do Bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, Don Manuel Sánchez Monge. Como de todos é sabido, a ordenación tivo lugar no marco incomparable da Praza da Catedral de Mondoñedo.
CABODANO DO PASAMENTO DEMONSEÑOR ARAUJO IGLESIAS
Tamén o meso día vinte e tres de xullo se celebra
o IV cabodano de pasamento de don Miguel Anxo Araújo Iglesias, Bispo que foi durante quince anos da nosa Diocese. O pasamento tivo lugar na cidade de Ourense en 2007.
FESTA DOS REMEDIOS
A Festa de Nosa Señora dos Remedios, patrona
da diocese de Mondoñedo-Ferrol, vaise celebrar, con toda solemnidade, no seu Santuario de Mondoñedo, o día once de setembro. Este ano vai facer a tradicional ofrenda o concello de Mondoñedo. Previamente, nos nove días anteriores, celebrarase a Novena, á que acoden moitos fieis.
COROACIÓN CANÓNICA DA VIRXE DAS DORES
Con motivo do 270 aniversario da imaxe da Virxe das Dores que se venera na Capela da Orde Terceira Franciscana de Viveiro (V.O.T.F.), o 17 de setembro, festa da Virxe, celebrarase o ritual da súa coroación canónica, que presidirá o Bispo da Diocese, Mons. Sánchez Monge. Organizaranse unha serie de actos que se están programando e que se darán a coñecer en breve.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios