Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

DIÓCESE Evanxelizar educando: Colexio «La Salle» de Caranza - Ferrol

Autor:
Francisco Xabier Martínez Prieto
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:18 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

O Papa Pío XII nomeou ao seu fundador Xoán Bautista de la La Salle patrono especial dos educadores da infancia e da xuventude, e patrono universal dos educadores en xeral. Atopámonos ante unha figura clave da educación que marcou as pautas educativas que seguen a ser parte clave da estrutura e sistema educativos actuais, coma o ordenamento dos alumnos por grupos de nivel, os horarios definidos das clases, o ensino na lingua vernácula, a necesaria e adecuada formación do profesorado (en 1684 fundou en Reims o que se considera a primeira escola de profesores)? sendo precursor da actual Secundaria. A súa obra escrita marcou un forte influxo ata primeiros do século XX, e ben podemos dicir que a estrutura educativa aberta, promocionada e iniciada en España por don Claudio Moyano, inspirouse - como non podía ser doutro xeito - nos alicerces marcados por La Salle.

La Salle foi un sacerdote e pedagogo francés do século XVII, moi innovador, que consagrou a súa vida ao mundo do ensino, poñendo moitas das súas enerxías na educación dos máis pobres do seu tempo. Fundou os Irmáns das Escolas Cristiáns a costa de renunciar aos seus propios bens. É unha institución educativa presente en 82 países, con máis dun millón de alumnos. En Ferrol está ubicado no barrio de Caranza, rúa Pardo Bazán. A súa páxina web é www.sallep.net/ferrol, e nela podemos atopar un enlace ó Facebook de antigos alumnos. No seu proxecto de ensino preténdese unha educación dos alumnos/as en tódolos ámbitos da vida, cunha educación personalizada e individualizada que atende á diversidade, apoiando as dificultades do alumno/a, fomentando as relacións de cercanía, sinxeleza, e apertura entre os membros da comunidade, cun estilo pedagóxico de renovación metodolóxica, educación centrada no alumno, aprendizaxe cooperativa e uso das novas tecnoloxías. Unha educación aberta ao contorno máis inmediato do alumno e como educación cristián fundamentada nos valores humanos e cristiáns da responsabilidade, a creatividade, convivencia, xustiza e interioridade.

Conta coas etapas de Escola Infantil (0 a 3 anos), Educación Infantil (3 a 6 anos), Educación Primaria (6 a 12 anos), Educación Secundaria (12 a 16 anos), Aula de Educación Especial, Servizo de Orientación Educativa, impartíndose idiomas de inglés e francés dende a idade dos tres anos. Seguindo os pasos innovadores educativos do fundador trabállase con programas de innovación coma o «Proxecto Lector» de lectura eficaz, programas de estimulación da intelixencia (Sensor, Ulises, Crea, Bits, Irati, Mapas conceptuais), informática e aplicación das TIC (pizarras dixitais), aprendizaxe cooperativa, e plan de reforzo extraescolar.

Conta con comedor escolar, tres aulas de informática, salón de actos, ximnasio, grandes patios exteriores, zonas deportivas, parque infantil, xardíns e zonas verdes, biblioteca adaptada ás novas tecnoloxías, laboratorio, aula de música, aula de apoio, aula de psicomotricidade.

Ao longo do ano son moitas actividades que se realizan na vida académica, que van dende a celebracións das festas culturais e tradicionais de Samaín, Nadal, Entroido, Letras Galegas a actividades educativas en colaboración co Concello coma «Ponte no meu lugar», «Educando», «Comunicándonos», celebración de Xoán Bautista, a «milla escolar»; tamén se participa no programa «Voz Natura», en concursos, emisións de radio, semanas de animación á lectura, prensa na escola. Realízanse varias excursións entre as que destaca a de fin de curso. Practícanse ademais actividades extraescolares de inglés, xadrez, karate, cociña, patinaxe, debuxo e pintura, iudo, tenis, guitarra, baile moderno...

 

ENVIAR NOTICIA  

DIÓCESE Evanxelizar educando: Colexio «La Salle» de Caranza - Ferrol

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.