Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

FARAGULLAS Cincuenta anos do Congreso Eucarístico de Viveiro

Autor:
Félix Villares Mouteira
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:20 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

O pasado domingo 19, ás vinte trinta horas, tivo lugar en Viveiro a clausura dos actos conmemorativos do cincuenta aniversario da celebración do Congreso Eucarístico Comarcal, celebrado no ano 1961 e convocado polo daquela bispo da Diocese, don Jacinto Argaya. Nesta ocasión, o noso Bispo don Manuel, presidiu a Eucaristía na igrexa parroquial de Santiago en San Francisco, na que participaron numerosos fieis do arciprestado, que portaban as cruces parroquiais, xunto cos seus párrocos. Ao remate da celebración tivo lugar a procesión extraordinaria co Santísimo ata a igrexa parroquial de Santa María, pasando pola praza Maior, onde se fixo unha parada e se impartiu a bendición.

IV ENCONTRO DE FAMILIAS CRISTIÁS

Ese mesmo domingo celebrouse en Ferrol, na sede de FIMO, o IV Encontro de Familias Cristiás que organizou a Delegación Diocesana de Pastoral da Familia. Asistiron a este encontro, que presidiu o Bispo da Diocese, don Manuel Sánchez Monge, máis de seiscentas persoas. Estivo tamén presente no Encontro o bispo de Cartagena-Murcia, monseñor Lorca Planes. O tema central do Encontro foi a educación, que desolveron nunha conferencia Xosé Manuel Domínguez e María Asunción de la Fuente, matrimonio ourensán que ten publicado varios libros e artigos sobre o tema. Paralelamente ó encontro, houbo espazos lúdicos para os máis pequenos, talleres e sesións para os xoves e espazos de diálogo sobre o tema, contando tamén co testemuño de varios matrimonios da zona. No apartado festivo, actuou o grupo musical infantil Los Julianitos da Parroquia de San Xiao de Ferrol.

PRESENTACIÓN DO NÚMERO 213 DE AMENCER

Amencer é a revista que vén publicando o Real Seminario Santa Catarina de Mondoñedo desde hai vinte e nove anos. O pasado día vinte dous deste mes de xuño tivo lugar a presentación do número 213 que está dedicado monograficamente á figura de Alvaro Cunqueiro co gallo dos cen anos do seu nacemento. Trátase dun número que consta de cincuenta e seis páxinas. Estiveron na pesentación o director da publicación, David Machado Montero alumno de 4º de ESO-; o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, don Manuel Sánchez Monge; o deputado provincial, Antonio Veiga Outeiro; o alcalde do Concello de Mondoñedo, Orlando González Cruz, e os profesores responsables de Amencer, Oscar Santiago Sanmartín e Félix Villares Mouteira. Neste número, que leva unha portada feita por Xaquín Marín, aparece unha ampla biografía do autor de Merlín e familia, feita polos alumnos de cuarto de ESO, baixo a dirección do profesor de Lingua Galega; unha entrevista con Alicia Tella-Villamarín Ferreiro que tratou moi de preto ó escritor; uns poemas dos alumnos de cuarto de ESO; a reprodución dunha carta de Ramón Otero Pedrayo, e remata este número coas colaboracións de Ramón Loureiro, Enrique Cal Pardo, Isidro Fernández Villaba e Félix Villares Mouteira. Neste acto da presentación interviron varios alumnos que recitaron poemas do fabulador mindoniense e un grupo mesmo cantou o poema No niño novo do vento. Por último, cómpre sinalar que a revista Amencer pode verse na páxina web da diocese.

FIN DAS OBRAS DA CAPELA DE SAN ANTON DA CABANA

O pasado día doce deste mes de xuño abriu as portas ó culto a capela de san Antón da Cabana, concello de Ferrol, despois das importantes obras de restauración e rehabilitación levadas adiante pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Dotouse á capela dunha nova cuberta, dun novo solado, dunha nova instalación eléctrica e doutras melloras, ademais da recuperación da contorna da mesma. Queda pendente a restauración das pinturas

murais que se conservan nunha parte da capela maior. Con motivo da nova apertura ó culto, o párroco, Alvaro Rábade Romeo, celebrou unha Eucaristía o día doce e houbo tamén celebración o día trece, festa de San Antón.

MATRÍCULA NO SEMINARIO SANTA CATARINA

Continúa aberto o prazo de matrícula no Seminario Menor de Santa Catarina de Mondoñedo para o vindeiro curso 2011/2012. Os alumnos poden matricularse en primeiro, segundo, terceiro e cuarto de ESO e no Bacharelato, estando en réxime de internado ou mediopensionista ou externo (neste caso asistindo só ás clases). O Seminario Menor Santa Catarina é un Centro de orientación vocacional da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

 

ENVIAR NOTICIA  

FARAGULLAS Cincuenta anos do Congreso Eucarístico de Viveiro

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.