Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Indice de contenidos

CULTURA Bicentenario do nacemento de Pastor Díaz

Autor:
Félix Villares Mouteira
Fecha de publicación:
Hora:
Actualizada a las 15:17 h
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Este ano celébrase o bicentenario do nacemento de Nicomedes Pastor Díaz e Corbelle, que naceu en Viveiro o 15 de setembro de 1811. Era fillo de Antonio Díaz Insua, funcionario do Corpo Administrativo da Armada, e de María López Corbelle. Foi bautizado o mesmo día na igrexa parroquial de Santiago de Viveiro por Nicolás Abadín y Thoxeyro, con licencia de Juan Zaragoza, cura propio da devandita parroquia. Cando ten sete anos cumpridos, ingresa no Colexio Insigne de la Natividad de Nuestra Señora, que fundara en Viveiro, no século XVI, María Sarmiento Osorio y Ribadeneira. Alí fixo os primeiros estudios e máis tarde, entre 1822 e 1825 cursa os tres anos de Filosofía no Seminario Santa Catarina de Mondoñedo. No Seminario é onde comeza a compoñer versos. Deixa o Seminario e vai facer Dereito á Universidade de Santiago.

Acada o grao de Bacharel en Leis o nove de xuño de 1828. Rematará os estudios na Universidade de Alcalá de Henares, onde o 31 de outubro de 1833 recibe o título de avogado.

Unha vez que remata a carreira, ponse a traballar como funcionario, sendo destinado a Cáceres en 1834 e máis tarde, en 1836, a Santander e Toledo. En 1840 vai destinado a Madrid. Vive en Madrid onde colabora en diversos xornais El Siglo, La Abeja, El Artista. Fundou os xornais El Heraldo e El Sol. Destaca moi axiña como xornalista e como político. Foi Conselleiro de Estado, deputado nas Cortes, Ministro en tres ocasións, embaixador en Italia e Lisboa. O Donnell nomeouno senador vitalicio. O 18 de marzo de 1847 foi elixido membro numerario da Real Academia Española na que tomará posesión o 17 de novembro. O seu pasamento tivo lugar en Madrid o vintedous de marzo de 1863. Foi soterrado na Sacramental de San Xosé e San Lourenzo de Madrid ó día seguinte. O 15 de setembro de 1923 os seus restos foron trasladados a Viveiro e repousan nun sartego de mármore na igrexa de San Francisco.

Pastor Díaz escribiu fundamentalmente en castelán. O seu poema ?La inspiración? foi considerado por moitos como o paradigma do romanticismo.

Os seus poemas en castelán reuniunos no libro Poesías (1840). Entre as súas novelas salientan Una cita (1837) e De Villahermosa a la China (1855). Son tamén importantes os seus escritos políticos.

En galego só escribiu o poema titulado A Alborada en 1828 e a Égloga de Belmiro e Benigno. Ata 1951 só se coñecía o poema A Alborada, pero nese ano Xosé María Álvarez Blázquez publica en Edicións Monterrei, en Vigo, a Égloga de Belmiro e Benigno cun limiar no que xustifica debidamente que o autor da Égloga é o mesmo que o da Alborada. Hoxe en día todos os críticos admiten a autoría de Pastor Díaz.

Aínda que a obra literaria en galego de Nicomedes Pastor Díaz Corbelle é pequena, cómpre salientar a súa importancia polo momento en é escrita: en pleno Séculos Escuros. Por iso, o autor viveirense é considerado como un precursor do Rexurdimento.

 

ENVIAR NOTICIA  

CULTURA Bicentenario do nacemento de Pastor Díaz

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.