Charo Pita súmase á celebración do Día de Rosalía en Santa Uxía

M.X.B.

RIBEIRA

Ofrecerá unha sesión de contos, o sábado, para bebés

20 feb 2017 . Actualizado a las 14:28 h.

O curral de Cocorico é o título da sesión de contos que a escritora Charo Pita ofrecerá o sábado, ás 12.00 horas, na biblioteca de Ribeira. A actividade forma parte do programa deseñado polo Concello co fin de conmemorar o Día de Rosalía e está dirixida a pequenos de cero a tres anos. Os interesados en participar teñen que anotarse no teléfono 981 835 650.

A maiores, Gloria, de Mamá Cabra, e Magín Blanco ofrecerán o xoves un concerto baixo o título O caderno dos afectos. Ocuparán as cadeiras do auditorio alumnos de primeiro e terceiro de Educación Primaria.