A Festa da Dorna segue cubrindo etapas

RIBEIRA

gerpe

O Voo sen Motor adiántase ás 19.30 horas 

23 jul 2016 . Actualizado a las 14:47 h.

A singladura dorneira continúa cubrindo etapas a toda máquina. Na avenida do Malecón o basar dorneiro atrae a nativos e visitantes. Pódense atopar os máis variados artigos, pezas de elaboración artesanal e produtos ecolóxicos. Esta tarde terán lugar os xogos de mar, a partir das 17.30 horas. Tamén se celebra o Voo sen Motor, que cambia de hora e se adianta para as 19.30.