Dezaseis obras aspiran a gañar a quinta edición do certame de novela ribeirense

ribeira / la voz

RIBEIRA

Os membros do xurado mantiveron xa a primeira reunión e tiveron que descartar dous traballos porque viñan nun mesmo paquete, polo que se incumprían as bases da convocatoria

18 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Un total de dezaoito obras foron presentadas á quinta edición do concurso internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, o certame bienal promovido polo Concello. Os membros do xurado mantiveron xa a primeira reunión e tiveron que descartar dous traballos porque viñan nun mesmo paquete, polo que se incumprían as bases da convocatoria. Deste xeito, son dezaseis os que aspiran ao premio.

O resto das novelas serán examinadas nunha segunda reunión que está fixada para o día 30 de abril. O encontro que será o definitivo para escoller ao gañador terá lugar a mediados de maio.

O tribunal

Os integrantes do tribunal son a catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa Blanca-Ana Roig Rechou, David Pobra, gañador da última edición; Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, e Alicia Padín, responsable do servizo municipal de Normalización Lingüística. Interveu como secretario Unai González, xestor cultural do Concello ribeirense.

A xulgar polos mataselos dos sobres, as obras que foron remitidas proceden de lugares como Almería, Cangas, Vimianzo, Santiago, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Ribeira ou Cee.

Este certame ten carácter bianual.