A comarca lembrou á gran poetisa coas súas verbas

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

RIANXO

DANI GESTOSO

Rianxo, A Pobra, Ribeira e Boiro acolleron actos polo Día de Rosalía

25 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Barbanza foi o escenario dunha serie de actos que tiveron por obxectivo render homenaxe á gran poetisa galega, a autora de Follas novas. Para conmemorar o Día de Rosalía realizáronse ofrendas florais na Pobra, así como en Rianxo xa o venres pola tarde. Na vila mariñeira foron os estudantes do Félix Muriel os que rescataron as verbas da escritora padronesa e engalanaron a súa estatua con camelias, tras facelo previamente no propio instituto.

En Ribeira tivo lugar na praza do Concello outra das lecturas de versos rosalianos, mentres que no centro social de Boiro, Teatro do Improvisto representou unha obra que precedeu á actuación da banda de música. Ademais, houbo presenza barbancesa na casa museo de Rosalía en Padrón, a onde se desprazaron as mazaricanas Laura Prado, Esther García e María García para cociñar os bolos do pote.