Reimóndez e Losada súmanse á festa da palabra

La Voz

RIANXO

CARMELA QUEIJEIRO

Treixadura pechará a xornada cun concerto incluído na súa xira das vodas de prata

22 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá?•?Praza Castelao (Rianxo)?•?De 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.30 horas?• A Feira do Libro segue en Rianxo cun completo cartel de actividades. Comezará con Fran Rei (12.00 horas) que, despois de representar A galiña azul, lle cederá o protagonismo ao autor local Ricardo Losada, que falará na casa consistorial (13.00 horas) do seu último libro, Bótame deste mar fóra.

Xa pola tarde, o berce de Castelao recibirá a visita de María Reimóndez, que desembarcará co seu libro Corredora debaixo do brazo. O colofón será musical. Primeiro con Uxía Lambona (21.30) e despois con Treixadura (23.00).