Uxía e Magín súmanse á festa da palabra

Ribeira / la voz

RIANXO

.< / span> carmela queijeiro

Comezou a GFeira do Libro de Rianxo

22 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Rianxo, berce de grandes escritores, exalta estes días a literatura cunha nova edición da Feira do Libro. Un mercado formado por seis postos, que dan cabida a outras tantas librarías, é o eixo ao redor do que xiran unha serie de propostas vinculadas todas á importancia das verbas. Estas foron postas onte de relevo por María do Cebreiro, a encargada de darlle a saída á festa da palabra mediante a lectura do pregón.

«Canta o Cuco»

Praza Castelao (Rianxo) • 21.00 horas • Uxía e Magín Blanco sumaranse hoxe á feira. Presentarán o seu espectáculo musical Canta o cuco, baseado en textos de Manuel María. O programa inclúe outras propostas, entre as que se atopan unha sesión de contos con Soledad Felloza (12.00 horas), un taller de braille (18.30) e unha observación astronómica (23.00 horas).

Presentacións

Tres son as presentacións, de outros tantos libros, previstas para esta xornada. Manuel Monge falará de O perverso goberno de Feijoo. Sete anos en negro (concello, 13.00 horas); Xosé Díaz mergullará ao público na obra Dos arquivos xeométricos (biblioteca, 19.30) coa axuda do documental Porta para o exterior; e María de la Paz desvelará, na mesma feira, os segredos de Su Mirada.