Dous músicos de Rianxo elaboran un videoclip da vila e das súas celebracións

ribeira / la voz

RIANXO

Na gravación contarán con axuda de persoal experimentado

31 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

As boas ideas nacen a miúdo da man do fortuíto, do inesperado e incluso da diversión. É o que aconteceu en Rianxo cando dous músicos da localidade, Rafael Iglesias e Perfecto González, decidiron levar a cabo un videoclip promocional da vila e as súas festas.

«Empezamos de chiste, pero rapidamente contamos co apoio do Concello e empresas da zona», relata Rafael Iglesias. A produción e composición do tema musical corre a cargo dos dous promotores da idea e na gravación do vídeo contarán coa axuda de persoal experimentado como Topo Vidal, á cabeza da dirección artística; Octavio Más, como técnico de iluminación; Afonso González en fotografía; e o grupo Xoldra Rachada que promete animar o ambiente nas rúas.

En apenas dous días, a páxina de facebook que crearon para a ocasión, Que a festa non pare, recibiu máis de 5.000 visitas: «A resposta foi moi positiva, o que nos enche de ilusión», manifesta Rodríguez.

O próximo 10 de agosto terá lugar unha das fases da gravación que pretende exaltar os méritos da vila. O rianxeiro invita a participar a quen o desexe: «Canta máis xente interveña, mellor será o resultado».