O «Joaquín Vieta» inicia en Rianxo a singradura por Barbanza

M.X.B.

RIANXO

CARMELA QUEIJEIRO

A partir de mañá fará catro viaxes ao día

29 jun 2015 . Actualizado a las 16:19 h.

Veciños e visitantes que desexen coñecer diferentes aspectos relacionados coa cultura e o patrimonio mariñeiros desde un barco histórico, o veleiro máis antigo de Galicia, poden facelo desde Rianxo. Alí permanece atracado desde este mediodía o «Joaquín Vieta», que mañá empezará a facer rutas polo litoral do municipio permitíndolle aos seus tripulantes ver antigos restos arqueolóxicos, os vellos estaleiros e incluso as embarcacións típicas da localidade mariñeira. Haberá tres saídas ao día, ás 12.00, ás 15.00 e ás 18.00 horas, e as persoas que desexen embarcar teñen que recoller as entradas na oficina de turismo, de xeito gratuíto. O balandro estará en Rianxo ata o domingo, despois poñerá rumbo a Cabo de Cruz, onde fará a mesma función.