Declarado deserto o certame de relatos Antón Avilés

O xurado considerou que ningún dos once traballos que se presetaron cumpría os mínimos esixidos


O xurado decidiu declarar deserto o certame de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos na súa décimo sexta edición. Así se deu a coñecer este mediodía, nun acto que contou coa participación do concelleiro de Cultura, José Pérez; e dos membros do xurado Xavier Castro e Agustín Agra. Foi este último o que se encargou de afondar nos motivos que provocaron que o premio quedase deserto. Sinalou que o xurado considerou que ningún dos traballos «acadaba os mínimos que se lle presupoñen a un certame desta categoría». Espertar novas sensibilidades ao redor do concepto de aventura, empregar recursos literarios axeitados e promover o xogo persoal e orixinal foron mencionados entre os obxectivos deste concurso.

Votación
1 votos
Etiquetas
Noia