O BNG de Noia demanda o derribo do antigo estaleiro de Abruñeiras

noia

NOIA

O grupo nacionalista lembra que  é incompatible coa lei de Costas e as normas urbanísticas

09 oct 2015 . Actualizado a las 05:20 h.

Unha das últimas xestións realizadas polo anterior goberno de Noia foi a aprobación dun crédito extraordinario para dotar de orzamento a unha serie de actuacións, entre elas a demolición do antigo estaleiro de Abruñeiras. Con este fin, fíxose un proxecto técnico e reservouse unha partida de preto de 98.000 euros para o derribo, pero desde entón non se avanzou na súa execución, de maneira que agora o BNG demanda que se tiren as instalacións.

O grupo nacionalista lembra ademais que os propietarios do recinto o cederon gratuitamente ao Concello e que o estaleiro é incompatible coa lei de Costas e as normas urbanísticas.