Eva Veiga recibiu o Premio de Poesía Concello de Carral

Ribeira / La Voz

NOIA

Participou coa obra titulada Soño e vértice

30 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

No serán de onte celebrouse en Carral a entrega do premio de poesía que, desde 1997, concede ese concello coruñés. Desta volta, a gañadora do certame foi Eva Veiga, que participou coa obra Soño e vértice. Ademais dun galardón en metálico, a poetisa verá publicado o seu traballo o vindeiro ano dentro da colección de Espiral Maior.

O Premio de Poesía Concello de Carral é dos certames literarios máis prestixiosos de Galicia e conta co apoio da Consellería de Cultura.