El Drogas súmase ao cartel de actuaciones musicais del Castelo Rock 

J. M. SANDE

MUROS

Pedro Lago e Caridad González durante a presentación.
Pedro Lago e Caridad González durante a presentación. Sande< / span>

Xa están á venda os primeiros 1.000 bonos polo prezo de 12 euros.

28 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A duodécima edición do Castelo Rock xa é oficial. Onte presentouse en Muros o programa do novo festival, que se celebrará na praia do Castelo os días 7 e 8 do mes de agosto. As bandas musicais El Drogas, Soziedad Alkoholika, Heredeiros de Crus e Arrytmia encabezan o cartel musical ofertado pola asociación Praia do Castelo. O Concello de Muros participa activamente na organización e desenvolvemento desta actividade.

O presidente da entidade organizadora, Pedro Lago Lestón, amosou a súa ledicia polo apoio atopado no executivo local, en especial na alcaldesa, Caridad González, e na responsable de Cultura e Xuventude, Claro Fernández. Anunciou tamén que xa están á venda os primeiros 1.000 bonos, que posibilitarán a asistencia a todos os concertos, polo prezo de 12 euros.

Apoio dos veciños

Pedro Lago tivo un especial agradecemento para todos os veciños, e en especial para os locais públicos do concello pola súa implicación nesta actividade: «O Castelo Rock naceu coa ilusión e o apoio de todo o pobo. Dende a organización téntase cada ano ofertar un programa musical atractivo, no que se inclúen bandas de prestixio nacional, grupos emerxentes galegos e tamén se dá cabida a agrupacións locais. Procuramos encher de actividades culturais toda a vila, para que toda a poboación goce arredor desta celebración».

Pola súa banda, a alcaldesa desexou os maiores éxitos aos organizadores dos festival e animounos a seguir loitando para que esta celebración manteña o nivel cultural e musical acadado, pois segundo dixo, «xa se converteu nun encontro musical de prestixio a nivel nacional». Caridad González concluíu afirmando: «O Concello non pode máis que estar ao lado dos que promocionan o noso Concello, e entre eles está a asociación Praia do Castelo ».