Festivo desembarco en Muros da tripulación dos Bolechas

J. Sande

MUROS

Os pequenos tiveron ocasión de falar cos Bolechas e recibiron exemplares do novo libro<span lang= es-es >. </span>
Os pequenos tiveron ocasión de falar cos Bolechas e recibiron exemplares do novo libro. Sande< / span>

Cincocentos escolares fixeron unha particular viaxe da man dos personaxes de Pepe Carreiro, que tamén estivo cos pequenos

17 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Con ritmo festivo e ambientación musical, cincocentos rapaces de educación infantil e primaria de Muros recibiron, sen darse conta, unha clase de historia, cultura, gastronomía, ciencia e lingua da man dos Bolechas, que onte recalaron no pavillón de Miraflores acompañados do seu creador, Pepe Carreiro.

Cada un dos pequenos recibiu un exemplar da nova historia, titulada Os Bolechas van a Muros. Os cativos dirixíanse aos protagonistas polos seus nomes e preguntábanlles se eran os personaxes de verdade ou se se trataba dun disfrace. De entregar os libros ocupáronse concelleiros do equipo de goberno, que acudiron ao polideportivo acompañados da rexedora, Caridad González, que tamén quixo gozar da divertida experiencia cos nenos.

Autógrafos

Os alumnos non dubidaron en dirixirse aos divertidos personaxes para conseguir autógrafos cos que recordar para sempre a emocionante xornada.

Pepe Carreiro conversou uns intres coa mandataria e foi ela a encargada de presentar ao creador das historias coas que poden pasar divertidos momentos e, de paso, aprender moitas cousas sobre as tradicións do seu pobo.

De feito, neste novo libro, Os Bolechas inician a súa andaina por Muros cunha excursión en barco por Louro, o que lles permite coñecer a flora e a fauna do municipio. Tamén se meten de cheo nas embarcacións tradicionais, nas principais festas e en actividades economicamente tan importantes coma o marisqueo. Ao final, non podía ser doutro xeito, o recorrido remata cunha cea na que non falta un doce típico da bisbarra, a tortilla romana. Toda unha aventura para descubrir Muros.