«Sempre se poñen escusas para non facilitar información»

La Voz

LOUSAME

01 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

No vindeiro pleno incorporarase á corporación o novo concelleiro de Terra de Lousame, Xosé Rodríguez, pero o último en ocupar o escano foi Joam Evans, xa que a formación rota aos edís cada catro meses. Do seu período, Evans manifesta que «Non hai vontade por parte da alcaldía de facilitar o traballo da oposición. Sempre se poñen escusas para non facilitar información. É un Concello no se que fai todo en base ao capricho persoal».

Con respecto ao seu partido, indica que promove unha forma distinta de participación: «É unha maneira de ir contra o estancamento existente». Ao mesmo tempo, explica que os concelleiros de Terra de Lousame non cobran pola asistencia a plenos e que «intentamos colaborar coas comunidades de montes». Explica que só unha das súas mocións foi levada a pleno.