«A redución da débeda está a ser un gran éxito»

J. M. Sande

CARNOTA

MARCOS CREO

22 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Onacionalista Ramón Noceda preside por segunda vez consecutiva o goberno en Carnota, pero a maioría acadada pola súa formación fai posible que poida cumprirse o programa do seu partido.

?¿Cal é o nivel de cumprimento do programa que ofreceron aos electores na campaña?

?Coido que levamos un ritmo axeitado. Imos resolvendo algúns dos problemas máis urxentes e, ao mesmo tempo, tentamos mellorar as carencias que aínda existen neste concello.

?¿Cales son os principais problemas e as prioridades que se teñen marcado?

?Queremos municipalizar o servizo de distribución de auga potable, aspiramos a completar a rede de saneamento, debemos mellorar as nosas expectativas turísticas ofrecendo mellores servizos públicos, queremos administrar o faro de Lariño e adecuar todo o seu entorno. Despois do verán retomaremos a celebración de asembleas veciñais para escoitar e resolver os problemas existentes en cada localidade do municipio.

?¿De que actuacións das levadas a cabo ata agora se sinte máis satisfeito?

?Sen dúbida a redución da débeda está a ser un gran éxito e permítenos facer actuacións. Agora xa podemos acceder a novos cretos, si se precisase, e tamén podemos aportar cartos para subvencionar obras e outras inversións, cando nada deso se podía facer antes polas elevadas débedas.

?¿Que pode facer o executivo ante a perda de poboación que sufre o termo municipal?

?A cuestión demográfica é un dos principais problemas e preocupacións para nós. Quixéramos, non só, que a poboación non minguase, senón que fósemos quen de facer atractivas estas terras para que aquí se asentaran foráneos. Dende logo, os mecanismos para logralo non son doados, pero tentarémolo. Para iso potenciaremos os nosos recursos naturais, mellorando os servizos públicos e divulgando as nosas potencialidades. O turismo é a nosa principal despensa de desenvolvemento e temos que apostar decididamente por ese sector co propósito de conseguir que haxa máis expectativas.