«O goberno creou un ambiente de discordia entre os traballadores»

La Voz

CARNOTA

22 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O socialista Suso Campos é un veterano integrante da corporación municipal de Carnota, da que formou parte en gobernos presididos polo PP e o BNG. Considera que esta é unha etapa de maior cordialidade e entendemento entre os membros dos grupos que integran a corporación con respecto ao pasado.

?¿Cal é a súa valoración sobre a situación actual?

?Na actualidade hai boa relación entre as distintas formacións políticas. Sen embargo, o executivo local carece de capacidade de xestión para atraer beneficios para o municipio e para os seus veciños.

?¿Algún aspecto negativo?

?O goberno local creou un ambiente de discordia entre os traballadores do Concello e nada fai para minorar esa tensión. Ademais, o executivo non é quen de atraer subvencións ni inversións.

?¿Que aspecto considera como o máis beneficioso?

?A situación económica do Concello mellorou sensiblemente. Pagáronse as débedas a provedores e reducíronse os cretos. Moito dese éxito motivouno o obrigado axuste económico.