Natalia Carou presenta «A cova da Moura»


Hoxe • A Pousada das Áninas (Boiro) • 20.30 horas • Da man de Barbantia, a boirense Natalia Carou presenta esta tarde A cova da Moura, a que é a súa terceira novela, despois de O alento nas costas e Mariposas tristes. Trátase dunha obra que descorre no Castelo de Soutomaior. No acto, a autora estará arroupada por Xoán Pastor Rodríguez, da asociación cultural, e por Belén López, directora de Bahía Edicións. O colofón chegará con Barahúnda, o dúo formado por Helena de Alfonso e José Lara, que interpretarán algunhas pezas medievais incluídas no seu traballo Múdanse os ventos.

Votación
3 votos
Comentarios