Última hora:
La gallega Jéssica Bouzas gana a Paula Badosa y avanza en el Másters de Madrid

«De pequeno dicía que quería ser avión»

BOIRO

CEDIDA

O ilustrador recorda a sensación de debuxar por puro pracer na súa nenez

24 mar 2017 . Actualizado a las 06:00 h.

RODRIGO CHAO

BOIRO 1976

SELECCIONADO PARA A BIENAL DE BRATISLAVA 2009

SELECCIONADO NA LISTA WHITE RAVENS 2009

Itaxo, la princesa de mar. Inédito. 2011

1 Un ilustrador inxustamente esquecido?

Persoalmente descubrín este ano a José María Cao Luaces, extraordinario debuxante e caricaturista de finais do século XIX e principios do XX.

2 Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?

Non diría que teño un favorito, pero por nomear algún, diría Frank Frazetta.

3 Un recordo da túa nenez?

Esa sensación de debuxar por puro pracer.

4Se non foses ilustrador, que che gustaría ser?

De pequeno dicía que quería ser avión, pero creo que iso non vai poder ser...

5 Como definirías o que é unha ilustración?

Reinterpretación da realidade ou ficción a través dunha imaxe.

6 É a ilustración un arte de museo?

Cousas peores vemos ás veces nun museo. Falando en serio, non se me ocorre ningún motivo polo que non debería selo.

7 Unha escena dunha película?

Na película Drive, a escena do ascensor. Como dunha maneira maxistral se conxuga violencia extrema e romanticismo.

8 Un cartel de película?

O de La naranja mecánica.

9 Quen foi o causante de que te dedicases a ilustrar?

Sen dúbida, miña nai.

10 Un lema?

«Nos quieren en soledad, nos tendrán en común». Unha frase de El Patio Maravillas, un centro social ocupado e autoxestionado.