As estudantes Valeria Baleirón e Andrea Sanjurjo gañaron dous accésits nun certame poético

ribeira

A POBRA DO CARAMIÑAL

Ambas despuntaron na modalidade de primeiro ciclo da ESO

05 jun 2017 . Actualizado a las 22:19 h.

Dúas mozas da bisbarra obtiveron unhas merecidas mencións na quinta edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, o certame autonómico que organiza a fundación vinculada á escritora, xunto a El Corte Inglés. Trátanse da estudante do IES A Pobra do Caramiñal Andrea Sanjurjo, e de Valeria Baleirón, do IES Porto do Son.

Tanto unha como outra despuntaron na modalidade de primeiro ciclo da ESO. A pobrense gañou o primeiro accésit, que leva aparellado unha tarxeta regalo de 200 euros. Pola súa parte, Baleirón fíxose co segundo presentando Só silencio, unha interpretación poética do cadro Antro de fósiles.

Este venres está previsto que as rapazas recollan os premios na casa museo de Rosalía de Castro en Padrón, ás 19.00 horas, onde antes recitarán as súas composicións líricas.