Unha charla de Neira Vilas abre na Pobra os actos de homenaxe a Valle

ribeira

A POBRA DO CARAMIÑAL

O autor de Memorias dun neno labrego falará a partir das 20.00 horas, no auditorio do museo, da Semente galega en América

06 oct 2015 . Actualizado a las 05:20 h.

O escritor e membro da Real Academia Galega Xosé Neira Vilas será o encargado de abrir os actos organizados na Pobra co fin de renderlle unha nova homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán. O autor de Memorias dun neno labrego falará a partir das 20.00 horas, no auditorio do museo, da Semente galega en América.

No que queda de semana haberá outras dúas actividades enmarcadas na décimo sétima edición das xornadas ao redor da figura do creador do esperpento. Así, o venres terá lugar un monólogo protagonizado polo actor galego Sergio Pazos (auditorio, 20.30 horas), mentres que o sábado se celebrará un magosto popular (prazas Rosalía de Castro e Cinco Rúas, 20.30). Esta festa organizada polos Amigos do Museo Valle-Inclán estará amenizada por Malvasía.