O instituto da Pobra logra o premio á innovación polo traballo «21 días co galego»

ribeira / la voz

A POBRA DO CARAMIÑAL

A iniciativa busca achegar aos rapaces ao idioma autóctono

25 abr 2015 . Actualizado a las 05:15 h.

O proxecto 21 días co galego do instituto da Pobra logrou o premio de innovación educativa en normalización lingüística que outorga a Consellería de Cultura. A iniciativa organizada polo equipo de dinamización lingüística en colaboración co departamento de lingua galega busca achegar aos rapaces ao idioma autóctono.

O obxectivo é acadar unha mellor conciencia lingüística a través de diferentes actividades que levan o galego a situacións e espazos no que os rapaces non están acostumados a utilizalo.

Na iniciativa participou todo o alumnado do centro, ademais de contar coa colaboración de máis de corenta profesores do recinto formativo.

Para levar o proxecto a cabo, o instituto dispuxo da axuda económica da concellería de Cultura da Pobra, do centro comercial aberto O Deán e dos supermercados Eroski Center e Gadis.

Este é o segundo galardón que consegue o centro neste curso, xa que xa acadou un premio da Fundación Barrié polo proxecto Unha lingua chea de palabras. Dende a comunidade educativa destacan o bo facer do instituto nos últimos anos.