Emmanuel Macron

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

18 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa no ecuador do aciago ZP algúns vaticinabamos que en España se ía producir o gran debate das ideas. Despois do lóxico esnaquizamento da UCD de Suárez, non tiña lóxica que na política persistise tanto tempo aquela esquerda socialdemócrata (menos mal) de Felipe e a tardía alternativa da dereita de Aznar, amais dos nacionalismos de tódalas cores por mor dese infausto invento do Estado autonómico. ¿Pero que é o que se está debatendo nestes intres?. Vou poñer un exemplo ilustrativo.

Nos xardíns Valle-Inclán da Pobra instaláronse uns vinte expositores entre o 23 de xuño e o 16 de xullo que pagaron ao concello 1.100€ cada un. Unha barbaridade, pero moi coherente coa ideoloxía de esquerdas que goberna a vila. Supoñamos que neste concello, ou noutros, se gobernase coa ideoloxía liberal auténtica. ¿Canto se lles cobraría? Como moito, os custos xerados polos servizos municipais que se prestasen, pero o lóxico sería que fose unha cota branda para dinamizar o sector do comercio e da hostalería. ¿Porque onde estarían mellor eses cartos, nas arcas do concello con fins descoñecidos ou nas dos empresarios xerando riqueza e emprego?.

Pois ben, iso é o que teñen que valorar os cidadáns. Temos un sistema educativo fracasado e unha sanidade en declive xestionados por funcionarios. ¿Que problema hai en ensaiar as políticas liberais exitosas e máis baratas que se practican noutros países? O presidente Emmanuel Macrón, un exsocialista militante, decatouse de que no liberalismo estaba a virtude política, emporiso Francia trunfará.