«Vemos parálise na iniciativa política»

La Voz

BARBANZA

21 jun 2017 . Actualizado a las 21:28 h.

A irrupción de Rianxo en Común supuxo un sopro de aire fresco na corporación rianxeira, sendo unha das formacións que máis propostas leva a pleno con menos medios. Antón Castro, voceiro da marea, indicou que «o alcalde ten un ton aberto ao diálogo, pero logo esa característica non se fai estrutural», para explicar que «vemos parálise na iniciativa política». Castro refírese á «lentitude exasperante» en procesos como a aprobación dos presupostos ou o da municipalización da auga. Mais recoñece que o día a día sae adiante, iso si, «a remolque da oposición».