O libro de Henrique Monteagudo sobre Carlos Casares chega a Barbanza

La Voz

BARBANZA

Ana Garcia

A obra será presentada o venres e Noia, da man de Barbantia, e o sábado en Muros

23 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Salón de actos do IES virxe do Mar (Noia) • 20.30 horas • Sábado • Fábirca de Sel (Muros) • hora • 19.00 horas • Henrique Monteagudo, académico e amigo persoal do escritor distinguido este ano polo Día das Letras Galegas, é o autor de Carlos Casares un contador de historias, un libro que fai un percorrido pola vida e pola obra do homenaxeado pola Real Academia Galega.

Trátase dunha biografía na que se presta especial atención aos aspectos relacionados coa súa obra literaria e xornalística, á súa contribución á cultura e á sociedade galegas, á súa actividade como editor e á súa participación nas institucións culturais e políticas.

Monteagudo presentará o venres o volume en Noia, no marco do acto mensual da asociación Barbanza, que coincidirá cao saída á rúa dun novo número, o 125, do suplemento A Voz de Barbantia. Xunto ao autor estarán o escritor Antón Riveiro Coello, o vogal da entidade Xesús Laíño e o rexedor, Santiago Freire.

O sábado haberá unha segunda presentación da obra sobre Carlos Casares na vila de Muros, a terra de Monteagudo. Alí estarán Domingo Guerra París e a alcaldesa, María Xosé Alfonso.