Unha ruta literaria abrirá as propostas en Mazaricos

La Voz

BARBANZA

15 may 2017 . Actualizado a las 17:20 h.

Mañá • A Picota (Mazaricos) • 11.00 horas • A Concellería de Cultura de Mazaricos programou unha serie de actividades para celebrar cos veciños o Día das Letras Galegas. A primeira terá lugar mañá e consistirá nunha ruta literaria, que descorrerá por diversos lugares do municipio ligados á cultura e á historia. Ao longo do percorrido realizaranse diversas paradas, onde os participantes aproveitarán para poñerlle voz a coñecidos textos.

As propostas lúdicas continuarán o sábado da man da compañía Malasombra, que poñerá en escena a peza O caso é ter saúde. Sobre as táboas estarán Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez, Celia González e Carlos Mosquera.

O vindeiro día 27, os veciños terán unha nova cita co teatro. Nese caso, será o grupo de teatro municipal o que apareza no escenario para entreter ao público con A miña comadre Euxenia.