Quico Cadaval prepara o desembarco en Noia da montaxe «A cabeza do dragón»

La Voz

BARBANZA

As entradas para a función do 6 de maio xa están á venda

16 abr 2017 . Actualizado a las 05:25 h.

Día 6 de maio • Coliseo Noela • 20.30 horas • 8 euros (6,40 para estudantes e xubilados) • María Costas, Iván

Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez subiranse o 6 de maio ao escenario do coliseo Noela con motivo da presentación en Noia de A cabeza do dragón, a nova montaxe de Quico Cadaval, que tamén estará presente sobre as táboas, e de Producións Teatrais Excéntricas. Será a segunda vez que se poña en escena en Barbanza, despois do desembarco en Muros, a obra de Valle-Inclán en galego.

O texto forma parte dunha colección de farsas que o autor arousán titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en tódalas culturas do mundo. Nela, a música xoga un papel fundamental. Chega en forma da partitura composta por Javier María López e interpretada polo Taller Atlántico Contemporáneo, co boirense Diego García Rodríguez á batuta.

As entradas xa se poden mercar a través da páxina web do coliseo Noela.