Os catedráticos José Fuentes e Florencio Maíllo exhibirán os seus traballos en Artes

La Voz

BARBANZA

As exposicións abrirán as súas portas este venres

05 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Museo do Gravado de Artes (Ribeira) • 12.00 horas • Dúas das tres salas coas que conta o Museo do Gravado de Artes atópanse nestes intres en pleno proceso de transformación. A partir do venres, amosarán os traballos de José Fuentes e Florencio Maíllo, dous catedráticos da Universidade de Salamanca. A mostra do primeiro deles presentarase baixo o título Concertinas, mentres que a obra do segundo desembarca en Barbanza como Hortus conclusus. De xeito paralelo, no centro artístico ribeirense continuará a exhibirse, ata finais de mes, Emocións, a colección de traballos de Oswaldo Guayasamín.

 

 

Cesión de fondos

Mañá • Sede da Fundación Abanca de Ourense • 20.00 horas • Museo de A Guarda (Portugal) • O museo situado en Artes está a intensificar o préstamo de coleccións, buscando sempre a promoción e a divulgación dos importantes fondos que atesoura. De feito, mañá coincidirán dúas inauguracións de outros tantos préstamos. Unha terá lugar en Ourense, ata onde xa viaxaron as obras da serie Salvador Dalí, contador de historias; mentres que a segunda desenvolverase, por partida dobre, no museo da cidade portuguesa da Guarda. Alí exhibiranse as colección de Manuel Facal Obra gráfica e Porta a Compostela.

 

Tamén mañá haberá unha actividade no propio edificio de Artes, que recibirá a visita dun grupo de estudantes e mestres procedentes da escola de gravado de Lugo. Será ás 10.30 horas.