Pablo Fernández presenta na Pobra «Transición»

La Voz

BARBANZA

marcos creo

O gañado do Premio Vicente Risco foi convidado por Barbantia

28 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Da man da asociación cultural Barbantia, Pablo Fernández Barba achegarase este venres á localidade pobrense para presentar Transición, a novela que lle serviu para facerse co Premio Vicente Risco na súa edición número 16. Está previsto que o autor estea arroupado por Cipriano Pose, propietario da libraría Ler; Tomás González, de Urco Editora; e Xesús Laíño, vogal de Barbantia. O acto coincidirá coa saída á rúa dun novo número, o 123, do suplementos cultural A Voz de Barbantia.

Esta obra foi definida como unha investigación criminal fortuíta, un relato gótico, unha reivindicación da memoria, unha emenda á totalidade do modelo político actual, unha homenaxe á lingua que esmorece nos pobos e unha loita constante pola supervivencia.

Venres • Libraría Ler (A Pobra do Caramiña) • 20.30 horas •