Electra Menéndez poñerá o broche a un ciclo a prol do galego
18 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Biblioteca de Ribeira • 12.00 horas • A cabeza do dragón, a obra de Valle-Inclán que Quico Cadaval e a súa compañía están representando en galego polos escenarios de Galicia, chegará a Ribeira convertida nunha sesión de contos. Electra Menéndez será a encargada de narralos. Con esta cita conclúe o ciclo deseñado polo Concello para promover o uso do galego.